Cano seguirá un ano máis no Bergantiños. Será súa terceira temporada en Carballo, onde se confirmou como un dos dianteiros estrela da Terceira galega logo de catro campañas a excelente nivel en Segunda B (tres cursos no Montañeros e un no Boiro) e outras dúas en Terceira con Fabril, Cerceda (alí asinou os seus mellores rexistros goleadores) e Boiro (con quen se proclamou campión de liga e acadou o ascenso a Segunda B).
Crístopher non seguirá a vindeira campaña, logo de cumprir a súa segunda etapa nas Eiroas, onde se formou como futbolista: sete temporadas desde que deixou o Cerceda en 2013 e máis de dez anos entre os mellores.
Así está o grupo no clube carballés polo de agora para a próxima temporada, renovados : Cano, José Luis Lemos, Iago Martínez, Santi Canedo, Diego Vela, Aarón Rama, Marcos Rodríguez, Pablo Agulló, Marcos Remeseiro e Yelco Alfaya; alta, Carlos López, procedente do C.D. As Pontes; baixas: Crístopher, Granada, Antonio López e Rubén Rivera.
Proposta da 3ª División 2020/21
A Federación Galega de Fútbol traballa na nova Tercera División da temporada 2020/21: pretende que comece en outubro e estea composta por 23 ou 24 equipos divididos nun grupo norte e outro grupo sur.
-Foto e Texto : Bergantiños CF/piratasdemuxia.es
++++
Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.
Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es
Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.