REMATARON AS LIGAS DE FÚTBOL 8 DA COSTA MÁIS MAREANTES DA HISTORIA

O UC Cee quedou campión nos Benxamíns G4

 

Esta pasada semana acabaron as ligas de Fútbol 8 da costa en categoría Alevín e Benxamín máis mareantes da historia. Un total de 8 grupos nos que os nenos xogaron os que máis sorte tiveron 5 encontros, outros 4 e logo os máis desafortunados 3, pois houbo grupos nos que se xogaba 1 encontro a semana e descansaban 2.

Agora os 4 campións de cada categoría xogarán esta fin de semana uns encontros antre eles e os 2 de cada categoría que queden campións irán a xogar nunha liga comercal cos equipos da Coruña e As Mariñas, co que representa para os clubes en gasto e en viaxes, e algún que outro madrugón para os nenos.

O resto, xogarán o que tiña que haber sido dende inicio, dous grupos, ligas a dobre volta. Neste eido poderían sumarse equipos que non puideron entrar nas pasadas ligas.

Os que queden nas 3 primeiras prazas de cada un destes grupos pasarán a xogar a Copa da Costa, así coma os que pasan a xogar cos da Coruña e As Mariñas.

 

CAMPIÓNS DE CADA GRUPO

ALEVÍNS 

Grupo 1 : Xallas FC “A”, 3 encontros gañados e 1 empatado; 29 goles a favor e 6 en contra.

Grupo 2 : CF Dumbría, 4 encontros gañados; 45 goles a favor e 1 en contra

Grupo 3 : Xallas FC “B”, 4 encontros gañados; 25 goles a favor e 5 en contra

Grupo 4 : Outes CF, 5  encontros gañados; 41 goles a favor e 6 en contra

 

ENFRONTAMENTOS CAMPIÓNS

ED Os Miúdos* “B”-CF Dumbría

Xallas FC “A”-Outes CF

* O ED Os Miúdos B vai non sabe porqué, cando tiña que ir o Xallas FC “B”.

(Ambos encontros no “Cabo d´area” en Laxe ás 11:00 horas)

 

Camariñas FC Benxamín, campión do Grupo 2.

 

BENXAMÍNS

Grupo 1 : Xallas FC “A”, 4 encontros gañados; 27 goles a favor e 3 en contra

Grupo 2 : Camariñas FC, 4  encontros gañados; 30 goles a favor e 1 en contra

Grupo 3 : Outes CF, 3  encontros gañados; 23 goles a favor e 1 en contra

Grupo 4 : UC Cee, 3  encontros gañados; 12 goles a favor e 5 en contra

 

ENFRONTAMENTOS CAMPIÓNS

Camariñas FC-Outes CF 

Xallas FC-UC Cee

(Ambos encontros no “Cabo d´area” en Laxe ás 12:00 horas)

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.