Non é que fose moi atrainte a 2ª Galega Feminina para o Ponteceso SD Feminino, pero sí era un premio ao bo traballo desenrrolado durante toda a campaña nunha 2ª Galega na que cáseeque tódolos equipos son da costa, e na que a vindeira tempada teremos tamén o Esteirana como debutante que retorna. Así nos conta o adestrador das pontecesanas o que foi o derradeiro encontro da tempada e no que tralo empate sen goles da ida en terras pontecesanas, o que gañase levábase o premio do ascenso e iste foi para o UDJ Almeiras que gañaba por 5-1.
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Non foi o mellor partido das de Curro neste encontro no que se xogaba subir de categoría o equipo pontecesán. Dous goles temperás do Almeiras deixaron trastocado o plantel que co paso do tempo foron gañando ritmo.
Non se rendiron as que hoxe actuaban como visitantes buscando meterse no partido. Sería Oanes a que faría posible ir 2-1 ao descanso e coas esperanzas da remontada. Sin embargo eso non ocorreu e na segunda partes as do Almeiras aproveitaron moi ben a súa calidad nos tiros anotando outros tres goles. Non atoparon as de Curro as ocasións para revetir o resultado e finalizaría 5-1.
Remata así unha gran temporada do Puenteceso SD, segundo na Terceira Galicia, tendo a posibilidade de ascender aínda que nesta ocasión non foi posible. Moitas grazas a toda a afección por estar a pé de campo toda a temporada apoiando ao equipo. Para a próxima temporada máis!”.
Ponteceso SD Feminino : Colores, Noe, Myre, Ainhoa, Laura R (Saray 70′ ), Oanes, Eva, Muíño, Silvia, Noemí (Lucivili 70′), Claudia (Lara 45′).
-Fotos : Marcos “Curro”
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/Marcos “Curro”