Patri Romaní Vilela (Muxía | 04/11/1991) convértese na segunda incorporación para a segunda fase da competición da Primeira RFEF Futsal Feminina no Viaxes Amarelle FSF. A xogadora muxiá non puidera formar parte do primeiro equipo ao 100%, debido a motivos laborais, pero actualmente incorpórase para esta segunda fase da competición, onde sumar o seu xogo ao resto do equipo, e loitar todos xuntos pola permanencia do equipo na elite do fútbol sala feminino.
A pesar de que Patri Romaní, formalizou a súa licenza ao principio de tempada co resto de xogadoras do club; motivos laborais impediron que puidese ter continuidade nos adestramentos, e de feito só puido participar no partido aprazado contra Ourense Envialia FSF o pasado mes de decembro.
Cambios nas súas condicións laborais, propiciaron que este mesmo xoves incorpórese de novo aos adestramentos co resto de grupo, e facéndoo de forma normal e continúa; para que o técnico Jorge Basanta poida dispoñer dela para esta segunda fase da competición nacional.
Esta será a sétima tempada consecutiva no primeiro equipo do Viaxes Amarelle FSF; onde nas últimas tempadas sempre foi unha xogadora clave nas aspiracións do club, e no día a día, tanto no deportivo como no grupal, onde as últimas tempadas era a primeira capitá do equipo.
Con 29 anos será unha das xogadoras con máis experiencia na categoría e poderá achegar ese punto de tranquilidade e calma; que axudará ao resto do equipo nas súas aspiracións nesta tempada tan atípica, e marcada pola crise sanitaria, provocada polo COVID-19.
Desde o club Viaxes Amarelle FSF queren agradecer o compromiso e a confianza de Patri Romaní por volver dedicarse plenamente ao equipo, asumindo o reto de seguir crecendo para conseguir o obxectivo da permanencia na Primeira RFEF Futsal Feminina.
-Foto : Viaxes Amarelle FSF
-Texto : José Núñez