REFLEXIÓNS EN VOZ ALTA DE ADRIÁN “GURITA” : “MONTAÑA RUSA”.

 

 

Aquí vos traemos estas reflexións en voz alta do adestrador do SCD Malpica, Adrián Bardanda, máis coñecido como “Gurita”. O xove e preparado adestrador costeiro relexiona en alto sobre o que foi unha tempada que comezou cunha morea de incertidume e que rematou cun nivel alto e esperanzador. As suas palabras fan pensar nun intre de incertidume, o mesmo parece unha despedida, que unha receita para seguir o camiño. O tempo dirá cal dos dous camiños son os que apunta “Gurita” nestas interesante reflexións en voz alta.

 

 

Montaña Rusa

Así podo titular esta tempada chea de emocións boas, e algunha mala.
O final todo é eso, días, ou semanas boas e outras non tan boas.

Empezamos sen nada, sen saber o que íamos ter e o que íamos poder facer. Xuntamos a máis de 20 persoas dentro dun vestiario e tivemos que esperar a que se conoceran, para saber a afinidade entre uns e outros. Iso tivo un proceso, máis largo do que quixeramos, pero dende as navidades pra aquí fomos outros totalmente distintos do que eramos antes. Por fin comezamos a ser un equipo e a poder disfrutar todos os domingos disto. Fixemos partidos impresionantes con un nivel de xogo moi alto.
Moi poucos foron capaces de xogar ó fútbol mellor que nos, eso sempre tendo en conta que non é mellor unha forma de xogar ca outra pero pra min é ca que máis desfrutamos.
Acabamos da mellor maneira, gañándolle os máis fortes por xogo e ganas de facelo. Porque o fútbol ten unha cousa, sempre da revancha.

A nivel persoal, gañei moito máis do que perdín, sobre todo en amigos, que igual que algunha amizade se deteriorou moi ao meu pesar, gañei amizades que xa as gardo para sempre conmigo.
A nivel profesional, entre moitas outras cousas, ver a progresión de moitos de vos é o que me fai sentir máis realizado.

Ahora toca reflexiónar, aprender dos erros cometidos, coller forzas e estudar novos proxectos.

A todos e cada un de vos, tanto aos meus xogadores como ao meu delegado Federico, que sempre foi un gran apoyo. A Eusebio tamén agraderlle todo o que fixo por nos, que foi moito. Gracias por todo o que me destedes dentro e fora do campo . Solo espero que aprenderades a metade do que eu aprendin de vos. A partir de ahora sexa ó meu lado ou non, sempre me teredes aqui como un amigo e como un adestrador.

 

SCD Malpica 2018/19

-Fotos cedidas por Adrián “Gurita”.

 

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo mobil, que para ordenadores temos outro formato moito máis completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es