RECORD DE VISITAS NUN DÍA NA NOSA WEB CON PRETO DE 100 MIL, CA NOVA DA XUNTANZA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DO RC DEPORTIVO.

 

Os records de visitas que ten a nosa web son todas excepto unha con informacións do RC Deportivo. O fútbol da costa move moitos milleiros de afeccionados que nos seguen cada día, pero o record estaba no mercado invernal do pasado ano con preto das 70.000 visitas nun día, pero a nova que puxemos da xuntanza de urxencia da Federación de Peñas do RC Deportivo rachou este record, que agora está en 96.555 visitas nun día, e a practica totalidade destas visitas abriron esta nova. Nótase que os deportivistas andamos ansiosos de novas.

Moitas gracias a tódolos que nos seguides cada día, que son antre 20.000 e 60.000 cada día.

Xa sabedes que somos unha web caseira, mariñeira, de todos e todas.

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”