RECOMENDACIÓNS DO GALENO DO RC DEPORTIVO, CARLOS LARIÑO SOBRE O CORONAVIRUS A PLANTILLA E A SOCIEDADE :

 

O Doutor Carlos Lariño, xefe dos servizos médicos do RC Deportivo, quixo compartir con todos os afeccionados deportivistas as recomendacións sanitarias que lles transmitiu aos xogadores nunha charla no vestiario de Abegondo, a raiz da pandemia de Covid-19.

Comentoulles aos futbolistas que é un “virus moi contaxioso aínda que pouco lesivo. Á xente nova ten unha afectación leve e pasaxeira”.

Iso si, advertiulles que “hai que evitar os contaxios porque xente maior si pode ter problemas. Todos somos factores de transmisión”.

Pediulles “unha boa hixiene de mans. Recomendámoslles lavar as mans frecuentemente. Colocamos no vestiario soluciones alcohólicas para que poidan facelo”.

Ademais, “é moi importante evitar aglomeracións e reunións sociais. É unha época para poucas celebracións, estar en casa, tranquilo e tentar ter menos contactos dos habituais porque se transmite persoa a persoa. Cuantos máis contactos temos máis risco temos de poder padecelo”. “É momento de non viaxar, de estar en casa, tranquilos”, engadiu.

Ao toser, “tentar facelo no cóbado para evitar poder transmitilo a outro compañeiro”.

En caso de ter febre ou tose, “o que teñen que facer é chamar por teléfono, os xogadores a min. E a poboación ten que quedar en casa e chamar (en Galicia ao 900400116). É imprudente achegarte a un centro sanitario ou de saúde porque pode ser que o transmitas ou se non o tes, pódelo coller”.

 

MEDIDAS DO RC DEPORTIVO

O Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD, despois de avaliar esta mañá a situación da entidade após a declaración do Estado de Alarma por parte do Goberno Central e de Emerxencia Sanitaria por parte da Xunta de Galicia, decidiu actualizar todas as medidas adoptadas e publicadas en anteriores comunicacións para adecuarse ás recomendacións e esixencias das autoridades gobernamentais e sanitarias.

Até nova comunicación:

– Toda a actividade deportiva do Club na Cidade Deportiva de Abegondo queda suspendida e as instalacións pechadas.
– Péchanse ao público todos os espazos de atención aos Deportivistas: sede da praza de Pontevedra, Oficina de Atención ao Deportivista do Estadio ABANCA-RIAZOR, DéporTiendas (ABANCA-RIAZOR, Marineda City e Real, 59) e DéporClínica.
– Suspéndese a Xunta Xeral Extraordinaria de Accionistas prevista para os próximos 16 e 17 de marzo en Palexco, aprazada de maneira indefinida a unha data futura.
– Suspéndense todas as actividades formativas do Club ou en colaboración con outras institucións: Dépor Escola, Dépor Campus Semana Santa e Vos Nosos Valores.
– Suspéndense todos os actos públicos de membros do Club con patrocinadores e afeccionados.
– Toda a actividade administrativa do Club e as tarefas que o permitan realizaranse mediante teletraballo desde os domicilios dos profesionais.
– A atención aos Deportivistas realizarase vía correo electronico en atencion.deportivista@rcdeportivo.esaccionistas@rcdeportivo.es ou vía telefónica de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 h. no 981 259 500.

O Real Club Deportivo quere aproveitar esta comunicación para pedir a todo o Deportivismo unha nova mostra da implicación social e solidariedade que sempre demostrou, atendendo a todas as recomendacións das autoridades gobernamentais e sanitarias para, desde a responsabilidade individual, sumar esforzos para superar este desafío colectivo canto antes.

 

-Vídeo e Texto : RC Deportivo

Nos nosos “Vídeos Recomendados” na parte dabaixo da portada da web podes ver tódolos vídeos que vai colgando o RC Deportivo no mesmo instante en que os fai púbricos. Unha xentileza do noso clube que agradecemos e para disfrute de todos vos.

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.