RECALA EN MUXÍA A GOLETA HOLANDESA “OOSTERSCHELDE”.

 

Chegou a Muxía a goleta holandesa de tres palos, “Oosterscheldae”, (“Escalda Oriental”, nome dun lugar na provincia neerlandesa de Zelanda), de 50 metros de eslora e 7´50 de manga, cun pé de fondo de 3 metros, e 370 TRB.

O forte temporal desta madrugada, fixo que o fermoso barco holandés, proecendete de Rotterdam, onde ten a sua base, buscase abrigo na abra de Muxía. Un barco cunha tripulación de 14 mariños, con capacidade para 120 pasaxeiros, e que é usado para xuntanzas de negocios, escoltas de regatas, presentación de productos, así coma outro tipo de eventos corporativos.

Foi construido no 1918 e a sua primeira misión era transportar, ladrillos, madeira, plátanos, patacas, etc…

Foi restaurado no 1988, e no 1992 acabou como se pode ver agora mesmo, respetando a sua construcción primaria, recoñecida oficialmente pola princesa Margaret de Holanda.

Hoxe en día está para o disfrute da xente que quer vivir a experienza de navegar coma nos tempos de antes.

Este ano os barcos holandeses foron do máis recibido polo porto deportivo muxián, todo iso debido a unha boa promoción das instalacións muxianas, as mellores da Costa da Morte, no país neerlandés. Neste caso a pesares de que é o único porto deportivo, que pode albergar barcos de gran tamaño, preferiron fondear detrás do dique de abrigo do porto muxián, pero non deixaron de baixar a visitar o pobo.

 

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia