RC Deportivo, Federación de Peñas, Riazor Blues e Old Faces reuniranse no día de hoxe ca polémica de General de actor principal.

Para o día de hoxe mércores 5 de agosoto está prevista unha xuntanza antre o RC Deportivo a Federación de Peñas, e os colectivos Riazor Blues e Old Faces na que os 3 colectivos plantexaranlle o clube que se modifiquen as medidas adoitadas para a Grada de Genera, (Maratón Inferior), unha xuntanza esperadas por moitos deportivistas ca esperanza que salga algo que arranxe este sen vivir que está sendo a pretempada que matou de golpe a ilusión de moitos tralo ascenso.

Trala xuntanza as partes dos afeccionados darán a coñecer o que se concrete na xuntanza.

Que esperamos?

Pois visto que o clube xa foi preparando o terreo coa axuda de varios medios especificando os motivos dos “11 mandamentos”, polo que o máis seguro é que non salga nada en limpo.

O noso desexo?…

…Como socios de General, (grada na que nunca presenciamos ningún incidente, (e os de cánticos hainos en tódolos campos), esperamos que caia polo menos unha das tábooas dos “11 mandamentos”, e se chegue a un acordo e comece a tempada como ten que ser, tal e como acabou, coa unión do clube, o equipo e a afección, que foi a clave de todo nos derradeiros anos de desidia.

Baixa na diretiva da Federación de Peñas

Noutro orde de cousas a Federación de Pñeas que preside Luis Martínez informounos aos socios que causa baixa na diretiva por motivos persoais, Manolo, (Peña Caramuxo), ao non poder compaxinar o tempo que require a Federación coa sua actual situación laboral. Desde a Federación agradecen, “o seu traballo e adicación a Federación e aos peñistas nos derradeiros 4 anos”.

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”