Cando todo apuntaba a que Rubén de la Barera sería o adestrador da vindeira tempada, todo se torceu e o adestrador coruñés, ainda que non foi quen de meter o equipo no Play-Off de ascenso a pesares de ter reforzos, si foi quen de insuflar optimismo e gañas.
No día de hoxe o clube informábanos que adiantaban a desvinculación con Rubén de la Barrera, paso previo a que se poda facer efectivo o contrato co novo adestrador, Borja Jiménez e que De la Barerra poida asinar co Albacete Balompié. Borja Jiménez xa leva varios días na Coruña participando nas baixas e altas na plantilla e cóntase con que tala desvinculación do anterior adestrador xa pase por rolda de prensa a dar a sua opinión sobre todo aos socios, accionistas e afeccionados, nestes días.
Así nos comunica o clube a desvinculación con De la Barrera : “O Real Club Deportivo e Rubén de la Barrera acordaron rescindir a vinculación contractual que mantiñan vixente até o próximo 30 de xuño para que o adestrador coruñés poida iniciar xa o seu próximo proxecto profesional. O Real Club Deportivo quere reiterar, como xa fixo persoal e publicamente, a Rubén, José Manuel Martínez Paz ‘Secho’ e Julio Hernando as máis sinceras grazas polo traballo desenvolvido estes meses na Coruña e desexarlles as mellores sortes nos seus futuros desafíos”.
De la Barrera cometáballe a prensa albaceteña que : “Tiña vinculación co Dépor, o equipo da miña casa e a miña cidade, pero por circunstancias da vida tocoume saír. Unha vez confírmase iso, recibo a chamada de Alfonso, (Ex director deportvio do RD Deportivo agora no Albacete), exponme o proxecto, as persoas que lle van a dar corpo e iso sedúceme”.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia