RC DEPORTIVO E BORJA GALÁN ACORDAN A RESCISIÓN DO CONTRATO QUE OS UNÍA.

 

O RC Deportivo infórmanos de que acordou a baixa no equipo con Borja Galán, un dos que acadaron as cotas máis altas no Fabril da 2016/17, pero que non deu o salto de calidade que dél moitos esperaban, pero sí que o deu todo sempre que xogou, amosando o seu espirito deportivista.

Así nolo trasmiten dende o clube deportivista : “Borja Galán González (Madrid, 26 de abril de 1993) non continuará xogando no RC Deportivo. O extremo madrileño chegara ao Fabril na tempada 2016-2017, sumando 38 partidos e dando o salto ao primeiro equipo branquiazul ao que defendeu en 33 encontros entre LaLiga SmartBank, Segunda División B e Copa do Rey”.

Dende o clube agradecen o que deu a entidade : “O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Borja o seu traballo, actitude e achega positiva sempre durante as súas etapas no Club, desexándolle os maiores éxitos nos seus novos proxectos profesionais”.

“Igualmente, dende “Os Piratas de Muxía” e piratasdemuxia.es, queremos agradecerlle a Borja Galán todo o que deu ao noso clube, e desexarlle a mellor das sores no seu futuro”.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies