RAÚL LESTÓN, (SCDR Esteirana) : “CALQUER MÍNIMO DETALLE PODE DARCHE OU QUITARCHE A VITORIA”.

Raúl Lestón, o gol personificado.

 

Raúl Lestón Martínez, (Esteiro-18/02/1197), é un xogador da casa, que leva a palabra gol escrita na fronte e que ten na sua bota un misil. Comezou a sua andaina nas categorías de base da Esteirana, para logo pasar o Bergantiños FC, Calasánz, e CF Dumbría, co que acadou un ascenso histórico a Preferente. Tamén sabe o que é gañar a Copa da Costa e ser campión ca sua Esteirana a que voltou tralo paso trunfal polo clube dumbriés, acadando o campionato de liga e un ascenso a 1ª Galicia.

Na sua conta goleadora leva 5 tantos na Copa, en 5 encontros, aos que hai que sumar os 7 na liga regular en 14 encontros e 4 na Fase de ascenso, en 5 choques. Polo tanto un total de 16 goles en 24 encontros.

 

 

Raúl, ve ao seu equipo para o encontro da Gran Final da “LVII Copa da Costa”, que como xa vos vimos adiantando dende o remate das semifinais, xogarán o SD Fisterra e o SCD Esteirana, no “A Fontenla”, (Santa Comba), este vindeiro Domingo 3 de Xullo, a partires das 19:00 horas, tal como vos informamos de toda actualidade na previa, (PREME AQUÍ).

“Vexo o equipo moi motivado e con moitas gañas de que chegue o partido, e tentar loitar por gañalo, o que sería a segunda Copa da Costa consecutiva para nós”, dinos Raúl.

Sobre o rival, a SD Fisterra di que : “Temos enfronte a un rival de duas categorías máis altas, e seguramente con moito máis ritmo de xogo, e con xente bastante coñecida de xogar en categorías superiores”.

Sobre o partido en sí, Raúl Lestón cree que : “Pode pasar calquera cousa, xa que nunha final os equipos igualanse, e calquer mínimo detalle ou fallo, pode darche a victoria, ou perdela en calquera momento”.

A Esteirana ten outra das enormes afeccións do fútbol costeira, e sobre ela afirma que : “A afición leva todo o ano con nós, e sabemos que domingo toda a xente de Esteiro vai estar alí apoiando e animando. Todo o que conseguimos tamén e deles. Así que nos daremos o máximo para non fallarlles e oxalá poder traer a copa para Esteiro”.

-Fotos : César Lestón

-Texto : piratasdemuxia