RAÚL LEMA LEVOUSE UN MERECIDO HOMENAXE E O CARIÑO DA AFECCIÓN POR PARTE DO CF MUXÍA.

Raúl Lema posou con xogadores/as do CF Muxía.

 

Tal e como vos informamos en primicia a pasada semana, o xogador muxián Raúl Lema, que ven de ser o primeiro xogador masculino da costa en debutar cunha selección española, neste caso na Sub 15 xogando 3 encontros, (ante México, Marrocos e Emiratos Árabes), e participando de maneira moi activa participando en varios goles. Raúl foi homenaxeado no Municipal da Arliña polo CF Muxía e pola afección muxiana. Nos prolegómenos recibeu un agasallo de lembranza consistente nunha foto do campo muxián no que Raúl é un asíduo sempre que pode, e no que o podíamos ver de neno pateando o balón antes dos partidos, no descanso ou o finalizar xunto cos seus compañeiros.

O acto tivo lugar antes do encontro da Primeira Futgal antre o Muxía e o Agolada, (3-1), un acto ao que estábamos invitados pero non nos foi posible acudir ao estar nas Canarias co deportivismo, do que tamén forma parte Raúl Lema, xogador deportivista dende os seus primeiros anos.

 

Raúl Lema co presidente do Muxía, Juan José Busto.

 

-Fotos : Marina Blanco

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies