RAÍ NASCIMENTO : CONFIRMADO, PRESENTADO E PRIMEIRO ADESTRAMENTO COS COMPAÑEIROS.

 

Raí Nascimento de Oliveira (Rio de Janeiro, Brasil, 18 de maio de 1998) converteuse hoxe en novo xogador do Dépor até final de temporada, tal e como apuntábamos na tarde de onte.

O xogador brasileiro que chegou a España á idade de 14 anos,  formouse no fútbol base da cidade de Zaragoza, onde militou no Stadium Casablanca, (primeiro ano cadete,) e o Stadium Venecia, (segundo ano cadete). Con só 16 anos tivo que dar o salto á categoría senior, xa que a regulamentación impide xogar a estranxeiros menores de idade en categoría nacional. Militou dúas campañas no AD Alfindén, en Preferente, antes de ser fichado polo Real Zaragoza ao cumprir a maioría de idade.

Despois de actuar con contagotas co primeiro equipo maño, Raí foise cedido á UD Ibiza-Eivissa, onde totalizou 39 partidos e 5 goles en temporada e media antes de volver ao conxunto maño ao comezo da actual campaña. No presente curso, o brasileiro disputou 7 encontros entre Segunda División e Copa do Rei, nos que anotou 1 tanto.

A prensa deportiva maña non comprende como o club se desfai dunha promesa a só, (segundo din), un mes ou dous de que obteña a nacionalidade española. Xa que segundo comntan medios zaragozanos, o feito de ocupar praza de xtracomunitario é o principal motivo de que se desfagan dél para poder incorporar algún xogador de reforzo, para tratar de levantar o equipo.

Con Raí, que xa adestrou esta mañá as órdes de Rubén de la Barrera, o Depor volve a contar cun brasileiro, tralo paso de grandes estrelas por Riazor, (das que falou na rolda de prensa e toma como exemplo), así coma fracasos e medianías. Apuntan deste xogador como desequilibrante no un contra un, e bo pasador, así como a sua polivalencia nos extremos e como segundo dianteiro.

 

PRESENTACIÓN

 

 

Raí Nascimento de Oliveira (Rio de Janeiro, Brasil, 18 de maio de 1998) adestrouse por primeira vez esta mañá cos seus novos compañeiros.

O atacante brasileiro asinou o seu contrato até final de temporada á primeira hora da mañá nas propias instalacións deportivistas, antes de baixar ao vestiario e incorporarse á dinámica de grupo.

Completou con normalidade todo o traballo, con só Uche e Héctor á marxe, ambos con adestramento específico entre o ximnasio e o céspede. Keko realizou xa unha parte co resto do equipo, co que o atacante madrileño entra na recta final da súa recuperación.

Na sua presentación dixo que : “Temos sete finais e hai que gañalas como sexa para ascender. O obxectivo está claro. Son sete finais e antes de vir estaba ao expor xa desde fóra”.

“Non tiven moitos minutos ata o de agora, pero veño preparado. Estiven a adestrar con normalidade, hoxe adestrei aquí e sentinme ben. Se contan comigo o domingo, estarei a lume de biqueira. Fisicamente estou ben”.

“O que me trouxo ao Deportivo, primeiro, é a máxima confianza de todo o que rodea o club, tanto o adestrador, cando me falou do proxecto, como toda a directiva. Despois, a historia deste club, espero levalo onde merécese e romper a serie que xa é hora”.

“Son un xogador de moito traballo, gústame xogar en diferentes posicións de arriba, tanto de mediapunta como en ambas as bandas, mesmo de punta, estiven a falar co adestrador e onde me vexa e póñame tentarei dar o meu máximo rendemento e máximo traballo e, se pode ser con gol, mellor”.

-Foto : piratasdemuxia/RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies