Obrador un lateral de calidade.
Este medio día o xornal La Voz de Galicia anunciaba un acordo antre o Real Madrid e o RC Deportivo para a cesión do xove lateral esquerdo, Rafael Obrador, de 20 anos de idade. Unha perla da canteira do equipo madrileño, que fixo a pretempada do primeiro equipo e que destacou co Real Mallorca no que debutou en Primeira División con 16 anos. Tralas suas boas maneiras na base mallorquinista fichouno o Real Madrid para xogar primeiro no xuvenil e despois no Castilla. Era pretendido por Elxe, As Palmas, e Zaragoza.
Fichaxe de urxencia dada a lesión de Escudero que como mínimo estará sen xogar ata Outubro, e a pouca confianza de Idiakez en Iano Simao, do que apuntaban que a pasada semana tiña molestias. Obrador chega cedido ata finais de Xuño do 2025, e ainda que o clube non o confirmou, xa foi cazado polos de La Voz, o chegar nesta tarde o Aeroporto de Alvedro.
-Foto : Diario As
-Texto : Xosé Búa “Pirata”