RAFAEL LOUZÁN VISITOU OS CLUBES DE VIMIANZAO E REUNEUSE CON CLUBES DA COSTA EN BAIO.

Louzán cos membros dos equipos vimianceses.

 

Segundo informa a RFGF nas suas redes sociais, Rafael Louzán presidente do ente deportivo está a reunirse “in situ” cos clubes do fútbol afeccionado. Tralas xuntanzas telemáticas, que non deron moito resultado de cara a comezar a competición, tal e como se puido ver en senda extensas cartas que nos mandaron tanto por parte dos clubes da costa, coma os de Santiago, que vos pubricamos días atrás, o presidente trata de convencer aos clubes afeccionados, explicarlles o formato das competicións e repostar as dúbidas.

Onte foi o turno dos clubes costeiros e tras estar cos responsables dos clubes da Terra de Soneira, (SD Soneira, CD Baiñas e CF Castrelo), no Municipal de Vimianzo, mantivo unha xuntanza con varios clubes na sede da RFGF na Costa sita en Baio.

A nosa web dende que criticou a falla de algunha manifestación en favor do RC Deportivo por parte da RFGF, no meu nome como presidente da “Peña Deportivista Os Piratas de Muxía”, socio e accionista do RC Deportivo, non volceu a recibir nin unha soa información por parte da RFGF, cando nos chegaban practicamente a diario. Este é o pago a 25 anos na Voz de Galicia e máis de 13 anos en www.piratasdemuxia.es, informando e potenciando o fútbol afeccionado e galego, de maneira altruista, sen unha soa axuda. Se polo contrario é que perderon a nosa dirección de correo, whatsapp, etc, pedimos disculpas e retiramos o dito.

-Foto e Texto : Twitter RFGF