RAFAEL LOUZÁN VISITA MAÑÁN MUROS PARA ENTREGAR MATERIAL OS CLUBES MURADÁNS E CO ARQUITECTO DO NOVO CAMPO.

Louzán, onte na xuntanza no concello da Coruña.

Segundo nos informan dende a RFGF o presidente da entidade viaxa mañán mércores a Muros para soster unha xuntanza cos clubes do concello para entregarlles material deportivo, (balóns, trolleis e portabalóns), e visitará de novo o campo de fútbol, pero en esta ocasión xa acompañado do arquitecto encargado de redactar o proxecto. Na reunión tamén estará a alcaldesa e a directiva da RFGF Silvia Cancela. A primeira xuntanza está fixada para as 12:00 horas no Concello de Muros, para logo ir o campo.

 

Onte xuntanza ca alcaldesa da Coruña

Tamén nos informan dende a RFGF que na mañán de onte luns día 19 de agosto o presidente da Real Federación Galega de Fútbol mantuvo unha reunión coa alcaldesa da Coruña, Dna. Inés Rey. Unha reunión celebrada no Palacio Municipal e na que tamén estiveron presentes o vicepresidente e o secretario xeral da Federación, Juan Luis Villamisar e Diego Batalla, así como o concelleiro de Deportes, Ignacio Borrego.

A reunión fora solicitada polo presidente da RFGF co fin de trasladar á alcaldesa a necesidade de melloras nas instalacións deportivas da cidade. Necesidades que os clubs coruñeses trasladan continuamente á Federación e que son evidentes.
A reunión foi unha primeira toma de contacto que resultou moi constructiva e positiva. O presidente informou á alcaldesa e ao concelleiro do proceso vivido na construcción dos campos de San Pedro de Visma e na necesidade de executar as melloras que foran comprometidas polo Concello, especialmente a necesidade dunha cuberta para as gradas. A rexedora municipal e o concelleiro incluso se comprometeron a visitar as instalacións para comprobar en primeira persoa esas melloras demandadas polos clubs.
Outro asunto tratado foi a solicitude de mellora dos campos de A Torre. En este sentido o concelleiro de Deportes indicou que existe o compromiso do Concello de renovar catro dos cinco campos da instalación (o quinto está en boas condicións).
A instalación de Eliviña tamén foi obxecto de conversación en esta primeira toma de contacto. Louzán informou que xa falou deste asunto coa Secretaría Xeral para o Deporte, pois Elviña é de titularidade da Xunta, e que este lle trasladou a súa intención de acometer unha reforma global.
O presidente da Federación indicou que o desexo da Federación é traer algún evento deportivo nacional ou internacional pero que agora mesmo resulta imposible debido á carencia de instalación adecuadas na cidade, tal e como xa pasou co Campionato de España Sub-12 que finalmente tivo que trasladarse a outra cidade galega.
O proxecto de nova Copa Deputación, que afecta tamén á Copa da Coruña, foi outro dos asuntos tratados en esta reunión que Louzán califica de “moi positiva”. O presidente da Federación aproveitou tamén para invitar á alcaldesa a coñecer a sede federativa.
-Información e foto que nos achega a RFGF-

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es