RAFAEL LOUZÁN ESTIVO EN CARNOTA CO CF LIRA EN VISTAS A REHABILITACIÓN DO “PORTOCUBELO”

Mesa de negocicións para o futuro do campo de Portocubelo.

 

Esta mañán tivo lugar na casa do Concello de Carnota unha reunión entre a Real Federación Galega de Fútbol, a corporación municipal e o C.F. Lira, da que o equipo “liracho” da conta na sua páxina de FaceBook : “A Páxina Roxiña” e aquí tedes o que pasou nesta xuntanza e despois dela contado polo CF Lira e sen quitar, nen poñer unha coma : 

“A F.G.F estivo representada polo seu presidente D. Rafael Louzán, a delegada da Costa Silvia Cancela e Santiago, o arquitecto federativo. Por parte do Concello de Carnota asistiron o alcalde Juan Manuel “Moma” e o concellal de deportes Rafael Riveiro, e por parte do C.F. LIRA o seu presidente Anxo Gómez.

Na xuntanza coordináronse as liñas de actuación a seguir entre os distintos entes públicos que deberán intervir tanto a nivel orzamentario, como no enfoque arquitectónico, social e deportivo que se considera máis apropiado para levar a cabo o proxecto de rehabilitación do campo de fútbol de Portocubelo, e que se explicarán no seu día con máis detalle, unha vez totalmente concluída a redacción do anteproxecto (que ninguén se rasgue as vestiduras de momento…)

“As cousas do palacio van despacio” pero a predisposición e boa sintonía das partes implicadas xa supón unha boa primeira línea de partida dun proxecto que caso de chegar a bon porto custará moitísimo esforzo por parte de tod@s.

Despois desta primeira reunión o presidente do clube liracho acompañou aos membros da federación e Concello ata o campo de Lombáns para comprobar “in situ” cales son as tarefas de mantemento máis necesarias nas instalacións do recinto, salientando as seguintes:

– Mantemento das cubertas tanto da bancada como da zona da entrada/cantina.

– Peinado do caucho do campo de fútbol e limpeza/desentullo das súas recollidas de pluviales.

– Desafectación de humidades nos falsos teitos da zona de vestiarios.

– Instalación dunha persiana metálica na cantina e mantemento das porterías (actuacións que o concello xa levará a cabo en breve).

– Pola súa parte o presidente da federación galega comprometeuse a dotar a bancada de Lombáns de butacas.

Estas propostas foron recollidas con boa disposición, quedando fixada a cometida destas obras de mantemento de cara o fin da presente tempada. Dende a Páxina Roxiña, en nome do C.F. LIRA queremos dar as gracias a corporaciòn municipal e a F.G.F por a gran laboura que están a levar a cabo a prol do deporte.

Moitas veces se lle ten oído decir a xente maior na grada: Os rapases mentres están aquí (sinalando ó terreo de xogo) non están metidos noutros lados…
Pois eso, todo canto se poida facer a prol do deporte… ben feito está.

Graciñas pola atención!!”.

 

-Foto : CF Lira

-Texto : CF Lira

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.