Quique González igualou a sua mellor marca de 16 goles.

ROLDA DE PRENSA

Quique González igualou a sua mellor marca de 16 goles.

 

-Quique González : É un partido moi importante e hai que deixarse a vida en Lugo. Só pensamos en conseguir estes tres puntos que son claves”-

 

Quique González, falou na entrega do seu segundo galardón “Estrella de Galicia” como mellor xogador do mes e non se andivo con paliativos sobre o encontros do vindeiro Domingo ante o CD Lugo no “Ánxo Carro”, (e non Ángel Carro como se empeña en chamar un medio de comunicación coruñés), a partires das 20:00 horas, (18:00 GMT) :É un partido moi importante e hai que deixarse a vida en Lugo. Só pensamos en conseguir estes tres puntos que son claves e non podemos estar pendentes do que fan os nosos rivais porque se che descentras, a cagas”. Máis de 1.300 deportivistas estaremos no campo lugués, (porque non había máis entradas senón seríamos moitos máis).

 

ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ
(Por : rcdeportivo.com)

Quique González, após recoller o Premio Estrella Galicia ao mellor xogador do mes de abril, manifestou aos medios de comunicación que “hai que deixarse a vida” no Anxo Carro de Lugo este domingo 19 de maio (20:00 horas, LaLiga 1|2|3 TV).

 

O dianteiro deportivista define o choque, “máis que derbi, un partido no que son clave os 3 puntos. Traballaremos desde hoxe niso”.

 

Ante a situación clasificatoria, co equipo agora mesmo fóra dos postos de play off de ascenso, pide “gañar nós e a partir de aí o resto faga o que queira. É verdade que agora non dependes de ti”. “Cando estás pendente do resto e non estás pendente de ti, ao final a cagas. Centrarse nun mesmo. Sabemos que somos bos, que facendo as cousas ben estamos preto de gañar. Sabemos que é moi difícil gañarnos. E a partir de aí a ver que fan os rivais”, engade.

 

Insiste en que, máis aló de que o partido sexa en ABANCA-RIAZOR ou fóra, “o único que hai que pensar é en gañar, gañar 3 puntos. Mentalidade de 3 puntos. Só hai que pensar niso”.

 

Do rival, o CD Lugo, recoñece que chega necesitado: “Eles loitando polo seu, nós polo noso. Sabemos que facendo as cousas como o outro día, estaremos máis preto da vitoria”.

 

Defíneo como un conxunto que “xoga ben ao fútbol, marca moitos goles ultimamente. Esperemos estar xuntos, axudándonos en todo momento. Ao final o partido é moi longo. Deixando a meta a cero, nós imos ter ocasións”.

 

É consciente ademais o vestiario da presenza de moito deportivista nas bancadas do estadio lucense: “Sabemos da afección que temos. É un desprazamento curto. Sabemos que van estar aí. O que queremos é darlles unha vitoria”.

 

A nivel individual móstrase satisfeito cos seus goles: “Un sempre quere facer o mellor posible o seu fútbol. Para facer goles, hai que facer outras moitas cousas máis. Como esteas focalizado só no gol, iso é presión, iso é equivocarte. Cando un traballa ben durante toda a semana, o gol chega”.

 

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies