Quique González está mentalizado en ir a gañar ao “Reyno de Navarra”.

ROLDA DE PRENSA

Quique González está mentalizado en ir a gañar ao “Reyno de Navarra”.

 

-Quique González : Agora mesmo o máis importante é ir a sumar 3 puntos e non pensamos noutra cousa

 

Quique González que volve o “Reyno de Navarra”, para xogar ante o equipo no que militaba o ano pasado, pasou por rolda de prensa máis serio que noutras ocasións e só pensa en “ir a sumar os 3 puntos”, está moi agradecido do trato que recibeu en Pamplona de onde o fichou o Depor pagando a sua clausula de rescisión de 1,7 millóns de euros, e non pensa en como será recibidoAbre a nova completa para ver as verbas do xogador deportivista.

ROLDA DE PRENSA DE QUIQUE GONZÁLEZ
(Por : rcdeportivo.com)

 

Quique González, o pichichi deportivista, regresa este sábado 13 de abril (18:00 horas, Movistar Partidazo) a El Sadar, a que foi a súa casa durante a temporada pasada: “Moi especial para min. Pasei un ano intenso e moi bonito. Teño xente que quero pero unha vez que pite o árbitro o que quero é gañar 3 puntos e vir para A Coruña máis que satisfeito”.

 

Describiu o ano vivido defendendo as cores do CA Osasuna como “un ano moi bonito, moi intenso. Tiven a sorte de poder xogar todos os partidos de liga. Estiven moi a gusto. O respecto foi moi grande cara a min. É verdade que a nivel goleador non foi o que quixese, pero alí valoran outras cousas que non só son os goles. Foi un ano moi intenso e súper agradecido a Osasuna polo trato que me deron. A pena foi que non ascendésemos. Pero gardo moi bo recordo”.

 

Quique insiste en que “o que se ten que ver é un equipo que vai a polo partido en El Sadar. Campo espectacular, ambiente espectacular, o líder e o Deportivo o único que pensa é en gañar. Agora mesmo é o máis importante. Sumar 3 puntos e non pensamos noutra cousa”.

 

Espera a un Osasuna “intenso, coa súa xente e a súa afección que os vai a apoiar ao máximo. É un campo onde aperta moito ao equipo contrario. Están nunha dinámica moi boa, con moi bos xogadores que á maioría coñézoos do ano pasado. Non me estraña para nada a posición na que están”.

 

A nivel persoal, o dianteiro deportivista asegura que fisicamente, aínda con algunha molestia, está “ben. O raro é a estas alturas de temporada, cos minutos que levo, é non ter nada. Son molestias e cousas dos partidos, dos adestramentos que non hai que darlle máis voltas”.

 

A pesar de que os 3 últimos goles do Dépor foron seus, subliña que “a xente que xoga arriba ten talento e capacidade para facer gol. Hai uns actores principais que somos os dianteiros, pero canta máis xente poida axudar nesa faceta, moito mellor”.

+++++++++++++++++++++++

-Se queres mandarnos algunha información e fotos de deportes, podes facelo no correo : info@piratasdemuxia.es

-Debaixo das publicidades tes como contactar connosco
se queres axudarnos poñendo a túa-

-COLABORA COA NOSA WEB-

Queres que a tua publicidade salga en todas as nosas noticias?…

Por moi pouco a tua publicidade chegará a milleiros de persoas o día, pois somos o medio de maior difusión da Costa da Morte con moita diferenza e cun espectro de alcance de pobos e persoas, moi extenso, con máis de 60.000 usuarios rexistrados e antre 20.000 e 36.579 visitas o día, triplicando ao segundo medio de comunicación máis seguido e cuadruplicando o terceiro.

Se queres anunciarte connosco e colaborar ca nosa web, contacta connosco no email info@piratasdemuxia.es ou no teléfono : 626 72 00 47.

Consúltanos que tipo de publicidade queres, por un ano cobramos moito menos ca outras webs, radios ou xornais de menor seguimento.

Deixa un comentario

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies