Escalofriantes foron as imaxes da escordadura do xeonllo de Quiles no transcurso do encontro do Depor en Pasarón, no que voltaba un mes despois de que lle rompesen o pómulo, e cun nivel altísimo, creando en 2 minutos 3 ocasións de gol e pouco despois marcando un penalti. A imaxe dos compañeiros cas mans na cabeza xa facían prever que algo grave estaba a pasar. Non foi tanto como puido ser pero a lesión impediralle xogar os encontros da promoción de ascenso.
Unha promoción para a cal o Depor non contará con ningunha das ventaxes que da a Federación por clasificación. Comezaremos xogando na casa, e en caso de empate trala prórroga no segundo encontro, (10-11 Xuño), o equipo que seguirá adiante será o Castellón, dado que quedou 3º do seu grupo. Na outra banda da táboa, se pasamos o noso rival será o vencedor da eliminatoria Real Sociedad B-AD Alcorcón.
Parte médico de Quiles
Os Servizos Médicos que dirixe o doutor Carlos Lariño confirmaron que o dianteiro deportivista sofre unha distensión de cápsula posterior cunha contusión osea en meseta tibial; e que non ten afectados os ligamentos do xeonllo.
Liberación de asentos en Riazor
O encontro de ida xogarase en Riazor a vindeira fin de semana, o clube ten en marcha unha campaña de liberación de asentos, ca ventaxe para o socio que non poida ir e queira ceder a sua localidade faráselle no abono da vindeira tempada un desconto do 50% do que valga a sua entrada. O prazo para facelo remata hoxe ás 13:00 horas.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : Xosé Búa “Pirata”