QUEN SENTARÁN NOS BANQUILLOS DA LIGA DA COSTA 2019/20? : “SÓ EN 3 EQUIPOS REPITEN”.

Adrián “Gurita” un dos dous que repiten.

 

Só en 3 equipos repiten adestradores na Liga da Costa 2019/20

O comezo da Liga da Costa 2019/20 está prevista para o 8 de Setembro e o calendario sairá nestes días. Tódolos equipos agás 3 xa teñen fichado adestrador, e decimos fichado, pois tan só 3 equipos, UD Cerqueda, SCD Malpica, e SCDR Esteirana, repiten o adestrador da tempada pasada, polo demáis tódolos que se van a sentar nos bancos son nvos no equipo. Algúns coma Pablo Mallón, José Barca, Diego Lobelos e Óscar Leis, e Raul Periscal e David Velo, trocan de equipo na misma liga, agás David Velo, que foi o artífice do ascenso do SD Castríz a esta liga a pasada tempada. No caso de Raúl Periscal deixou o UD Cerqueda a mediados da tempada por problemas persoais e retorna, (boa nova), facendo tamden con Velo no Sporting Zas. No eido de Periscal quedara no equipo cerquedense o xogador Michel, que esta tempada xa fará só labores de dirección do equipo e non a dobre faceta como viña facendo de adestrador-xogador. Debuta na categoría Miguel Chouza que ven do Puebla CF e que nunca dirixeu na Liga da Costa e o único equipo que ainda non pechou o posto de adestrador é o SD Buño que trala dimisión de Caamaño colleron as rendas un grupo de xogadores capitaneados por David Souto “Jañoto”. No que respecta a SCD Buño, Corme CF e Cabana SD ainda non concretaron os novos adestradores, pois Ángel Pérez non se lle renovou nos cormeláns e pasa a dirixir os xuvenís e Fernando Mato e o seu compañeiro de banco Pablo nos cabaneses, non quixeron seguir. En ambos equipos teñen falado con xente da casa, e no caso dos cabaneses en principio esperan ter pechado este asunto este venres. O mesmo pasa no SCD Buño que espera ter pechado un adestrador para este venres.

Así quedan conformados os adestradores da Liga da Costa 2019/20

Corme CF : Sen adestrador

SD Ponteceso : Pablo Mallón, (novo)

Muxía CF : Diego Lobelos/Óscar Leis, (novos)

UD Cerqueda : Michel, (continua)

SD San Lorenzo : Santi Cambón, (novo)

CD Baiñas : José Barca/Marcos “Curro”, (novos)

SCD Malpica : Adrián “Gurita”, (continua)

SCD Buño : Sen adestrador

CF Lira : Juan Rey, (novo)

CD Muros : Felipe “Cacharro”, (novo)

Sporting Zas: Raúl Periscal/David Velo, (novos)

UC Cee : Rafa Suárez, (novo)

SCDR Esteirana : Geno, (continua)

SD Coristanco : Alejandro Rodríguez “Juni”, (novo)

Cabana SD : Sen adestrador

SD Castríz : Miguel Chouza, (novo)

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un mobil polas sua dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email : admin@piratasdemuxia.es

Patrocinadores e Colaboradores

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies