QUEN É QUEN NO NOVO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN DO R.C. DEPORTIVO :

Antonio Couceiro Vázquez, novo presifente do RC Deportivo.

 

Poucos minutos de “invitar” a sair o consello de administración presidido por Fernando Vidal e presentasen a sua dimisión, (puxeron o cargo a disposición de ABANCA), xa saían a luz os nomes do novo presidente e os seus conselleiros.

Antonio Vouceiro, (como xa vos informamos no resumo e vídeo da rolda de prensa de Vidal), será o presidente número 46 do RC Deportivo, continua David Villasuso que xa fora posto na actual diretiva polo ente financieiro, e con eles, a primeira muller na diretiva, a grovense, Emma Lustres. Referímonos a diretiva direta, pois outra gran muller houbo no noso clube, nin foi outra que Berta Vales, serente da “Era Lendoiro”. Completan a diretiva Carlos Canró e Eduardo Blanco.

O NOVO CONSELLO DE ADMINISTRACIÓN

Antonio Couceiro Vázquez (A Coruña, 1955). É enxeñeiro de Camiños. Conta cunha ampla experiencia en xestión pública e privada. Actualmente, é presidente da Cámara de Comercio da Coruña, de AFIGAL e CESGAR. Anteriormente, presidiu a Autoridade Portuaria da Coruña, foi director xeneral de Begano e Conselleiro de Industria e Comercio da Xunta de Galicia.

Eduardo Blanco Pereira (A Coruña, 1955). Licenciado en INEF, doutor en Dereito e máster en Dereito deportivo. É presidente da Federación de Asociacións de Xestión do Deporte de España (FAGDE) e preside a Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). É docente en varias universidades e coautor de varios libros de Xestión e dereito do deporte. Conta desde 2006, coa Medalla ao Mérito Deportivo concedida polo goberno de España e coa insignia de ouro da Federación de Asociacións de Xestores do Deporte de España (FAGDE).

Carlos Cantó (Navés, 1976). Licenciado en Administración de Empresas e MBA por ESADE Business School e experto no mundo da mercadotecnia e dos patrocinios. É o CEO de SPSG Consulting Vocal e coordinador do capítulo “Mercadotecnia Deportiva” da Asociación de Mercadotecnia de España, ademais de membro do Advisory Board do “World Football Summit” (WFS). Carlos é profesor asociado en Sports “Business” en ESADE Business School, Colaborador en diferentes medios (Expansión, Palco23, Forbes edición España-, etc.) e profesor convidado en diversas escolas de negocio (IESE, Columbia University, IE, EAE, etc.) Liderou proxectos deportivos e de lecer en 25 países e participa en eventos e informes relacionados coa industria do deporte.

Emma Lustres Gómez (O Grove, 1975). É a fundadora de VACA Films Studio e puxo en marcha VACA TV e VACA NET TV. Vaca Films estableceuse nestes anos como unha das produtoras independentes líderes en España, desenvolvendo desde hai anos películas e series de éxito. Ten un gran coñecemento das grandes produtoras nacionais e internacionais que xogarán un papel relevante no mercado dos dereitos de televisión.

David Villasuso Castaño (A Coruña, 1973). Actual conselleiro e director xeral do Real Club Deportivo. Chegou procedente de ABANCA. Licenciado en Empresariais pola Universidade da Coruña, Villasuso desenvolveu practicamente toda a súa carreira no sector bancario, pois entre 2003 e 2020 pasou por Deutsche Bank e Banco Etcheverría entre outros.

 

“Dende piratasdemuxia.es e a Peña Deportivista Os Piratas de Muxía, o noso desexo de sorte ao novo consello de administración, e o noso agradecemento ao consello de administración sainte por todo o que fixeron bo para o noso clube”.

 

-Foto Antonio Couceiro : economiadigital.es

-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo.