QUEDADA PARA RECIBIR O DÉPOR ANTES DE QUE ENTRE EN RIAZOR O SÁBADO E ENTRADAS PARA BADAXÓZ.

Fai un ano o deportivismo escoltaba o Dépor ata o estadio.

Dende a Federación de Peñas do RC Deportivo infórmannos dunha quedada o sábado 5 de Marzo, para recibir o equipo antes de que entre en Riazor, para enfrontarse o Ferrol. Dinnos dende o ente deportivista que vaise facer un : recibimento os “Nosos” como se merece, así que faremos un pasillo con bandeiras do clube e moito, moito ambiente. Para o pasillo precisamos de 30 voluntarios de peñas. se alguén está interesado en facelo, pedimos que vos poñades en contacto con algun membro da Federación a través de mensaxe privado. ¡¡Ven con nos ó recibimento!!”
Entradas para Badaxóz
Tamén nos informan dende a Federación de Peñas que o clube notificoulles o prezo das entradas para o encontro contra o Badaxóz do sábado 12 de Marzal. O prezo das entradas, (que volta a ser abusivo, a vez que desproporcionado), será de 25 euros, e para solicitalas, é necesario adxuntar nome completo, nº de Dni e teléfono. As entradas poderanse solicitar ata o Martes 08/03/2022 as 15:00 horas. “A partir de ese momento, non se recollerá ningunha solicitude”.
-Foto : RC Deportivo/Federación de Peñas
-Texto : piratasdemuxia/Federación de Peñas

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies