PURRÚA E CABREJO DESPÍDENSE DO FISTERRA E XAN NOGUEIRA E ISMA POSE RENOVAN CO MUXÍA CF.

Purrúa, (der), e Cabrejo, (banco), na Copa en Muxía.

 

Juan Purrúa e Juan Cabrejo, deixan o SD Fisterra, tras unha campaña exitosa, na que o equipo fisterrán, non só se aguantou na Preferente Norte, senón que litaron polo ascenso, e gañaron de maneira brilante a “LVII Copa da Costa”.

Segundo nos comentan, Juan Cabrejo, director das escolas de fútbol de Camariñas, farase cargo a vindeira campaña do Camariñas FC, na Liga da Costa.

Xan Nogueira e Isma Pose súmanse o Muxía CF

Xan Nogueira e Isma Pose, dous xoves valores de Os Muiños, (Muxía), continuarán na vindeira campaña no clube muxián, tal e como nos informan dende o Muxía CF. Ámbolos dous son xogadores de calidade no medio do campo, Xan máis defensivo, e Isma máis ofensivo.

 

Se queres que informemos dos movementos e novas do teu equipo, sexa do deporte que sexa, contacta connosoco en : info@piratasdemuxia.es ou no whatsapp 626 72 00 47, así coma se che interesa publicitarte. Cada día en torno a 60.000 visitas.

-Foto e Texto : piratasdemuxia