PUNTO QUE SOUBO A POUCO PARA O BERGANTIÑOS FC ANTE O UC CEARES, (0-0).

 

Bergantiños FC 0-0 Unión Club Ceares

Desperdiciou varias ocasións o equipo bergantiñan e deixou voar 2 puntos, nun choque no que dominaron e amosaron bo xogo, pero faltou remate, en especial na segunda metade na que Uxío, e Carlos López, (en duas ocasións), puideron abrir o marcador, ante un equipo o asturiano que se levou un punto que lles soubo a  groria e estrearon o seu casilleiro de puntos, ao igual cos de Carballo.

Bergantiños: Santi Canedo; Blas, Agulló, Juan Brunet, Brais Martínez (Aarón, min. 63); Uzal, Marcos Remeseiro; Boedo (Lamelas, min. 88), Carlos ( Cano, min. 76), Escobar ( Yelco, min. 63); e Uxío.

UC Ceares: Guille; Pelayo Muñiz, Aitor Elena, David, Aitor Cañedo, Zuazua; Llerandi, Noé ( Orviz, min. 72); Medori (Juan Carlos, min. 61); Madeira (Miguel Custa, min. 77) e Juan Cueto (Óscar, min. 72).

Árbitro: Bouzas Laconti (Comité As Palmas). Amarela ao bergantiñista, Blas, e aos visitantes Aitor Cañedo, Medori e Orviz

Goles : 0-0.

Incidencias:  450 espectadores en As Eiroas, que se estreou como campo da 2ª RFEF. Os de Carballo visitan na próxima xornada ao UD Salamanca, equipo do que chegou Uxío da Pena.

Os outros equipos galegos

O CD Arenteiro no que milita o deportivista, Adri Castro, sumaba o seu primeiro punto o empatar, (1-1), co UP de Langreo, namentras que o Coruxo CF, no que xoga cedido o deportivista Yago Gandoy, caía por 1-2, ante o Unión Adarve. Pola sua banda o Pontevedra CF empataba, 2-2, na sua visita ao CD Móstoles, e o SD Compostela goleaba en San Lázaro/Vera Boquete ao Palencia Cristo Atlétic, (3-0).

-Foto : Recorte DXT Campeón

-Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies