PROPOSTAS DA RFGF AOS CLUBES DE PREFERENTE DE COMEZO DA LIGA O 29 DE NOVEMBRO E UN NOVO FORMATO DE COMPETICIÓN.

 

A Real Federación Galega de Fútbol, ( RFGF), presentou onte, nunha reunión presencial mantida na sede federativa de Santiago, unha proposta aos clubs da Preferente para comezar o campionato ligueiro o próximo 29 de novembro, sempre e cando a Xunta de Galicia aprobe o novo protocolo sanitario que inclúe a realización de dúas probas de Covid ao mes aos integrantes de cada equipo, como alternativa o ditamen da Xunta do uso de mascarilla para practicar deporte. Con todo isto o pago das probas é o principal motivo de conflito para algúns clubs da categoría, que defenden, que non poden facer fronte ao gasto que supón o novo protocolo sanitario.

 

Novo formato de competición

A RFGF tamén propuxo un novo formato de competición diferente ao que propuxo os clubes fai un mes nas xuntanzas telemáticas. Así as ligas de Preferente contarían con tres subgrupos na zona norte. O grupo A estaría formado por oito equipos da zona da Coruña, Ferrolterra e comarca de Bergantiños, (Montañeros, Vitoria, Atlético Arteixo, San Tirso, Betanzos, Galicia de Mugardos, Laracha e Sofán), o grupo B tamén estaría composto por oito clubs da zona de Santiago, A Costa e Barbanza, (Xallas, Sigüeiro, Dubra, O Pino, Boimorto, Noia, Boiro e Poboa), mentres que o grupo C, tería sete equipos da provincia de Lugo, (Foz, Ribadeo, Santaballés, Residencia, Sarriá, Escairón e Lemos).

Cada un destes subgrupos disputaría unha primeira fase a dobre volta, (14 xornadas nos grupos A e B e 12 no C), e os dous primeiros clasificados lograrían o billete para loitar polo ascenso na segunda fase. O resto de clubs pelexaría por evitar o descenso. Cabe destacar que os clubs non empezarían a segunda fase con cero puntos, senón que a súa posición e puntuación dependería da clasificación obtida na primeira fase. Finalmente, os dous primeiros clasificados da fase de ascenso subiría a Terceira, mentres que catro equipos caerían a Primeira Galicia.

-Foto : piratasdemuxia

-Texto : DXT Campeón/piratasdemuxia

Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies