PROGRAMA “NADAL DEPORTE 2019″ DO CONCELLO DE MALPICA” CON PATINAXE, TENIS DE MESA, CICLISMO, FÚTBOPL 3X3 E BALONCESTO.

O Polideportivo Municipal de Malpica acollerá moitos dos eventos.

 

O Concello de Malpica prepara un programa deportivo de actividades para as Festas de Nadal

Entre os eventos que se organizan, destaca a variedade multidisciplinar dos deportes que serán protagonistas.

O Concello de Malpica ultima os preparativos para un compendio de actividades deportivas para as Festas de Nadal, baixo o lema ‘Nadal Deporte 2019’.

Así, o programa comezará o vindeiro sábado, 21 de decembro, coa exhibición de patinaxe, que se celebrará a partir das 18:00 horas no pavillón polideportivo de Malpica. O día 23 de decembro, será a quenda para as persoas amantes do tenis de mesa. O pavillón polideportivo acollerá novamente esta cita, a partir das 10:00 horas, e para a que se hai que inscribir previamente no Concello. A data límite é o 19 de decembro.

Os días 26 de decembro e 2 de xaneiro desenvolverase o torneo de fútbol 3×3, tamén no pavillón polideportivo. As xornadas darán comezo a partir das 10:00 horas da mañá, e poden participar todas as persoas de máis de seis anos de idade. O 27 de decembro de 10:00 a 13:00 horas, quenda da xincana ciclista, actividade organizada polo Club Ciclista Carballo, e na que colabora o Concello de Malpica. O 30 de decembro, na previa de Fin de Ano, o Centro Cívico de Malpica acollerá unha charla deportiva ás 11:30 horas.

Para recibir o ano da mellor maneira, o 3 de xaneiro celebrarase o ‘Día do baloncesto de Nadal’, de 10:30 a 13:00 horas, para persoas a partir de 9 anos. As inscricións rematan o día 19 de decembro, e poden facerse efectivas nas oficinas do Concello.

 

-Foto e Texto : Departamento de Prensa Concello de Malpica

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies