PROGRAMA DE ACTOS PARA A ROMARÍA DA BARCA QUE DA UN PEQUENO PASO CON RESPECTO AO 2020.

 

Segundo informa a Asociación Romaría da Barca de Muxía, trala presentaciín dos actos que terán lugar este ano na máis grande das Romarías de Galicia, este ano aumentarán os actos relixiosos e festivos con respecto ao 2020, no que a pandemia e a incertidume, así como a falla de vacunas, por aquel entonces inexistentes.

Muxía extende o verán durante o mes de Setembro. Namentras noutras localidades a estampida do día 31 de Agosto deixa as ruas, praias, e locais de hostalaría desertos, os camiños diríxense a Muxía, e son milleiros os “romeiros” que xa están a chegar nestes días, e que chegarán con maior asiduidade dende o día 2 de Setembro que comeza a Novena da Nosa Señora da Barca, con especial repercusión na fin de semana e nos días da romaría, declarada de Interese Turístico Nacional no 1999, sendo a única que ostenta este título na Costa da Morte.

A todo esto hai que sumar a xente que chega por mar, o porto deportivo, os visitantes que pasan días de lecer no Parador de Lourido, (cheo todo mes de Setembro, así coma nos estivais), os camiñantes de Santiago, Vía Mariana e Ruta dos Faros, e mesmamente os que teñen as suas vacaciíns neste mes de Setembro.

 

Así informa a orgañización da Romaría da Barca dos actos que teñen preparados :

Despois do encontro mantido semanas atras entre a Comisión de Festas da Romería da Virxe da Barca e o goberno local, no día de onte presentouse o cartel coa programación para este 2021 no salón de Plenos do Concello Muxián, no que participaron membros da comisión e Alcalde.
✔️ A programación deste ano pretende reflexar a transición de un ano ausente de actividade festiva como foi o 2020 e o que desexamos sexa unha Barca normal do 2022, polo que se decantou por actos simbólicos como as actuacións de grupos locais como Xaramiños do Corpiño e Abaladeiras ou as xa tradicionais actuacións dos Kilomberos de Monte Alto e a Charanga NBA, relacionadas dende fai moitos anos á Romería máis importante de Galicia.
✔️Todos os actos e actuacións seran diurnos, non sobrepasando das 20:30h ningunha actividade e so se mantén como unico acto nocturno a tirada de fogos de artificio do sabado as 23:00h. Faise todo esto precisamente para evitar a formación de festas paralelas ilegais ainda que no caso de ocorrer, para ditos días hai un reforzo especial de Policia Local e Garda Civil, que velará pola seguridade cidadá.
✔️ No tocante aos actos relixiosos, haberá misas como de costume na novena e nos catro dias centrais da Romería.
✔️A Comisión de Festas da Romeria da Barca e o goberno municipal en nome do Alcalde, esperan un comportamento exemplar da veciñanza, negocios e visitantes e rogan que se cumplan todas as medidas de prevención COVID para que todo saia ben e se poida desfrutar dun ambiente festivo e de forma segura.
Viva a Romería da Virxe da Barca!!!…
Viva a Virxe da Barca!!!.
-Fotos : Asociación Romaría da Barca de Muxía
-Texto : piratasdemuxia/Asociación Romaría da Barca de Muxía