Nesta mañán chegounos a triste nova do pasamento de Manolo Martín Gómez, avogado muxián que foi xogador do CF Muxía e fundador do trofeo co seu nome, no que recadaba cartos para axuda de becas a fillos de mariñeiros muxiáns e conseguía donación de materiais para o clube dos seus amores. Fai unhas semanas disfrutou de ver o equipo muxián na final da Copa da Costa e foi homenaxeado con outros 4 compañeiros dos que estiveron na final do 1965.
Non fai unha semana tomábamos un café no Pedra d´Abalar de muxía e comentábame que viña duns dias internado no hospital por un problema coronario que lle voltaba a dar a lata e departíamos un pouco sobre cousas do fútbol, familiares e das gañas de seguir facendo cousas, ainda que andaba un tanto desanimado, e facer un día un artigo contando a sua historia nas boas e nas malas.
Tralo suceso do Nadal do 2013 no Santuario da Barca, Manolo Mratín donou o mural que fai de altar para que non estivera a Virxe que tanto venerou, cun fon tan lamentable como o deixaron na suposta restauración dos danos do incendio. tamén donou unha escultura da Virxe da Barca, unha da Virxe do Carme e unha do Cristo, que posiblemente sexa o Cristo de maior tamaño que hai dentro dun santuario en Galicia.
O noso máis grande pésame a tódolos familiares e amigos…Alá onde estes, amigo persoal e da familia, D.E.P.
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
