PRODUCTIVA XUNTANZA DA FEDERACIÓN DE PEÑAS DEPORTIVISTAS E A ALCALDESA DA CORUÑA, INÉS REY.

A directiva da Federación de Peñas ca alcadesa da Coruña.

 

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, recibiu no pazo de María Pita á directiva da Federación de Peñas do RC Deportivo, unha xuntanza productiva para ambas partes, na que se puxeron sobre a mesa, propostas e inquedanzas dos deportivistas.

Nos asuntos tratados xa quedou concedido o permiso para que a Federación poida ubicar en Maratón Superior unha pancarta unificada co nome de tódalas peñas federadas. 

No encontro tamén se tratou da posibilidade dun local para que o ente deportivista poida levar a cabo nél tódalas xestións cos deportivistas. Segundo puidemos saber : “Hhoubo predisposición a buscar unha ubicación para ter un espazo dedicado as peñas, pero non confirmado”.

O deportivismo é unha gran motor económica para a Coruña, en especial para o sector comercio e a hostalería.

-Texto : piratasdemuxia

-Foto : Concello da Coruña