PRIMEIRO DÍA DO “CAMPUS DO LARACHA CF” E RENOVACIÓN DE JAVIER MÍGUEZ NO PRIMEIRO EQUIPO.

Primeiro turno do Campus do Laracha CF.

Primeiro día do 1º turno do Campus do Laracha CF no que os participantes, disfrutaron do deporte e da confraternización.
No día de hoxe, despois da presentación, os monitores propuxeron xogos con e sen balón, profundizaron no quecemento e, despois da merenda, os rapaces pasaron a realizar tareas de técnica (control, conducción, pase e tiro) e remataron con xogos lúdicos (brilé, pañueo, pilla-pilla e cadea).
.
.
.
.
Mañá, ademais de fútbol, tócalles baloncesto, e fútbol sala, no pavillón municipal de deportes.
.
.

Javier Míguez sexta renovación do 1º equipo

.

.

Javier Míguez Fonticoba (9/11/1995) convértese na sexta renovación do Laracha para a tempada 2022/23, na que o primeiro equipo competirá en Primeira Galicia.

Míguez incorporouse á disciplina do Laracha Club de Fútbol no verán de 2020. O porteiro sadense formado nas categorías inferiores do Deportivo e do Montañeiros, entre outros clubs, ten experiencia en Preferente Autonómica en catro equipos: o Sporting Sada, o Galicia Mugardos, o Betanzos e o propio Laracha, no que xogou as dúas últimas campañas.

O gardameta sadense de 26 anos disputou como titular os primeiros 22 partidos da pasada tempada co Laracha ás ordes de Alejandro Álvarez e sendo substituído só en dous deles, dous choques #ante o pechacancelas Estudantil. É un porteiro de máximas garantías para afrontar o novo curso en Primeira Galicia.

.
.
-Fotos e Texto : Comunicación Laracha CF
.