PRIMEIRA VITORIA DO BERGANTIÑOS FEMININO NA 3ª XORNADA DA 1ª DIVISIÓN GALEGA A COSTA DO TORDOIA NO DERBI.

Plantel bergantiñista en Tordoia.

 

SD Tordoia 0-4 Bergantiños FC

Estaba a dárselle mal o Tordoia ao equipo bergantiñista nos derradeiros tempos pero desta volta as de Gueli e Ana foron contundentes en especial nunha gran segunda metade na que acadaban os 3 goles que completaban a goleada e supoñían a primeira vitoria do cusro, un curso no que en tres xornadas disputadas xa saben o que é gañar, perder e empatar, para situarse na 6 praza a 5 puntos do lider Sporting Cambre e o colider Orzán SD, e 3 puntos do Lóstrego e 2 do SD O Val, ambos en promoción. Pola sua banda o Tordoia cun só punto menos cas carballesas ocupa a penultima posición por golaveraxe, pois hai ata 7 equipos por enriba delas cos mesmos 3 puntos.

Gueli Cotelo, (Adestrador do Bergantiños FC) : “Partido no que fomos moi superiores dende que fomos capaces de que non nos chegaran con perigo creando o casións. Tivemos o control e ainda que chegamos con 0-1 ao descanso tivemos ocasións para ir con maior ventaxe. Na segunda metade fixemos trocos e con cambios  para aportar frescura o equipo e co mesmo guión chegaron os outros 3 goles. Elas tiveron unha chegada de perigo”.

SD Tordoia : Nuria, Irena, Andrea, Aana, Tamara, Marta, Lucía, Jasmina, Laura, Carla e Carreras. Tamén xogaron : Eva, Laura, Natalia, Lidia e Arca.

Bergantiños FC : Ainhoa, Lara, Cruz, Trillo, Alejandra, Laura Caamaño, Blanca, Sofía, Laura Muñíz, Uxía e Yaiza. Tamén xogaron : Isa, Sara, Noe e Zaida.

Goles : 0-1, Cruz, (20´); 0-2, Trillo, (66´), 0-3 Cruz, (68´); 0-4, (Isa, (83´).

Árbitro : José Luis Reboredo. Non amosou ningún cartón.

 

Proximo encontro

O equipo carballés recibe no As Eiroas ao lider Sporting Cambre o vindeiro Domingo 8 de Outubro a partires das 17: 00 horas. Pola sua banda o Tordoia visita o Umia CF B o mesmo día ás 18:00 horas  no A Bouza, (Barrantes).

 

-Foto e Texto : Redes e Prensa Bergantiños FC

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies