Borja Giménez dirixeu o seu primeiro adestramento.
O Depor comezou esta mañá na Cidade Deportiva de Abegondo, a sua preparación de cara a primeiro descargar a pasividade das vacacións e despois irse poreparando para os amigables de cara o inicio da liga na fin de semana do 28-29 de Agosto.
Teñen por tanto 49 días por diante, unha pretempada longa, para ir limando detalles e facendo equipo, o novo adestrador Borja Giménez, que co acordo con Miku, (que xa se sumou o grupo esta mesma mañán), conta con 10 novidades, e a espera da chegada dalgunha máis, en especial para o carril dereito, que ca marcha de Bóveda e con Valín convalecente dunha opración na cadeira, está orfo de efectivos.
A pretempada comezou co almorzo ás 9:00 horas nas instalacións da Cidade Deportiva “El Mundo del Fútbol” de Abegondo. Hora e media despois o cadro de xogadores, preparadores e técnicos saltou ao campo por primeira vez este verán.
Tal como informa o clube, o céspede dos campos número 2 e 3, os habitualmente empregados polo primeiro equipo durante a temporada, están en tratamento, polo que a actividade dos deportivistas será esta semana no 4 e no 5.
Após unha charla duns minutos no centro do terreo de xogo a cargo de Borja Jiménez, os futbolistas tiveron un quecemento con rondos e roda de pases; e unha serie de exercicios con balón. Todo iso por espazo de case dúas horas.
Incorporáronse Miku, Keko Gontán e Héctor Hernández, aínda que este último, ademais de Pablo Brea e Valín, estarán os próximos días con adestramento específico no ximnasio. O meta Alberto e Josep Calavera permanecerán nos seus respectivos domicilios con traballo individualizado ata que ditaminen os Servizos Médicos. Pola súa banda Fede Cartabia, Uche, Borja Galán e Rolan teñen permiso do Club.
Aos canteiráns Juan Rodríguez e Iván Guerrero, hoxe sumouse ao adestramento o meta xuvenil Hugo Ríos.
Mañá martes o cadro adestrarase no campo a partir das 10:30 horas.
-Foto : RC Deportivo
-Texto : piratasdemuxia/RC Deportivo