O xove silledés Rubén López, (Silleda-26/08/2004), pasou por rolda de prensa por primeira vez. Foi un dos artífices da Copa de Campións de España e da Youth League co RC Deportivo Xuvenil, e debutou en Copa do Rei cunha participación notable, e no día de onte, tal como xa vos informamos, ampliaba o seu contrato de vinculación do RC Deportivo ata 2028. Unha gran nova no medio de tanta desidia e tantos dentes de serra no primeiro equipo e cas lesións. Destacar a rolda de prensa de Rubén, totalmente en galego, ata as preguntas dos antigaleguistas de parte da prensa coruñesa. Os xogadores de fala galega deberían facer as suas roldaa de prensa como mínimo a metade en galego, para que non se nos tache de radicais.
A sua frase máis destacada, nunha rolda de prensa na que amosaba os seus nervos e a sua ledicia por seguir no Depor, (non coma outros pseudo deportivistas de corazón), foi : . “O meu seguinte soño é chegar a Primera División con esta camiseta”.
Asegura que renovou “no equipo que quero. Estou moi contento, moi ilusionado, feliz de poder seguir 4 temporadas máis e oxalá que sexan outro par máis”.
Explica que as negociacións foron “desde o primeiro momento bastante fáciles. Cando un sabe que quere quedar aquí é todo máis fácil”.
O mediocentro branquiazul márcase como obxectivo “como calquera canteirán chegar a ter minutos co primeiro equipo, debutar e compartir momentos con todos os compañeiros do Dépor”.
Confesa que viviu o seu debut en liga e logo como titular en Copa del Rey “con bastantes nervios e ao mesmo tempo ilusionado por cumprir ese obxectivo”.
Quixo a Imanol Idiakez e ao seu corpo técnico “darlle as grazas por facerme debutar, por contar comigo día a día. Desde aquí defendelo e apoialo porque me parece un tío encantador, de moi bo trato e un gran adestrador”.
Rubén subliña ademais que no vestiario do Dépor “son todos compañeiros excelentes. Desde que cheguei ao primeiro adestramento acolléronme da mellor maneira posible e así é todo máis fácil”.
Fíxase nos futbolistas que xogan na súa posición como “Salva Sevilla, Jose Ángel, Villares. Aconséllanme, axúdanme sempre. No partido de Copa, que estaba bastante nervioso, Jose Ángel estivo a tirar de min todo o partido. E con Salva Sevilla nos adestramentos tentamos falar. El explícame cousas, axúdame, cóntame anécdotas”.
Finalmente, conta que Albert Gil, Director de #ANOSACANTEIRA, “é a persoa que fixo que eu estea aquí. O primeiro día púxose en contacto cos meus pais, que querían contar aquí comigo”.
-Foto e Vídeo : Rubén López
-Texto : Xosé Búa “Pirata”/RC Deportivo