PRIMEIRA ROLDA DE PRENSA DE BORJA JIMÉNEZ COMO ADESTRADOR DO DEPOR : “VEÑO A UN GRANDE DE ESPAÑA…ESTOU ENCANTADO”.

 

Borja Jiménez deu a sua primeira rolda de prensa, tras a pasada semana finiquitar a situación con Rubén de la Barrera e ser xa a tódolos efectos novo adestrador deportivosta. 

Borja amosouse moi contento ca sua chegada o Depor e afirmou que : “Cando se deu a oportunidade de adestrar ao Dépor paralizamos o resto de cousas que podiamos ter. Quizá os que estades aquí perdedes un pouco a perspectiva do que é o Deportivo fora da Coruña. É un dos grandes de España, vinlle gañar títulos. Estou encantado”.

Ten craro o obxetivo do clube : “Cando firmas no Dépor sabes ao que vés, que é ascender. Os últimos anos foron moi positivos para min no aspecto persoal de conseguir obxectivos. A presión é a xusta, a vida e a presión para min son outras cousas. Aquí trátase de facer todo o posible por devolver ao Dépor onde debe estar”.

Falou sobre a sua participación na confección da plantilla, dos que se irán e dos que teñen en carteira : “O club está dividido en diferentes departamentos e o que se está facendo é un traballo moi consensuado. Cada un temos a nosa forma de entender o que nos pode achegar o futbolista. Tentamos traer a xogadores que coñezan a categoría e que teñan a mesma ilusión que temos nós por estar aquí. Estou a ser moi partícipe en todas as decisións porque cremos que ten que ser así, achegar o noso granito”.

Is que se irán xa o saben : “Sempre é moito máis fácil fichar xogadores que poder sacalos. A cada xogador transmitíuselle desde a secretaría técnica o que imos tentar que sexa o seu futuro. Cada situación vai levar a un escenario diferente, pero o club está preparado. Quédanos un mes, moitísimo tempo. Hai que ter paciencia, saber que algunhas situacións serán máis fáciles de resolver e outras máis longas. Tentaremos que para o inicio de pretemporada os xogadores que non queiramos que estean poidan saír; e se non, serán un máis”.

Quer formar un equipo do que nos sintamos identificados, competitivo, atrevido, domiador e divertido : “Na miña mente só está tentar crear un equipo co que o afeccionado senta identificado, que cada vez que vaia a Riazor, independentemente do resultado, o equipo resúltelle moi reconocible. Iso estamos a buscar desde o principio, xa coas fichaxes: xente con fame. Imos querer un equipo moi valente, atrevido, dominador e que sexa divertido dentro do que a categoría che permite. Hai que ter o maior tempo posible a pelota e saber utilizala ben. Traballamos nun persoal que sexa versátil para adaptarnos aos diferentes contextos e partidos que poidan existir”.

-Esto que dixo e moito máis telo premendo no vídeo.

-Foto : RC Deportivo

-Texto : piratasdemuxia