PRIMEIRA FUTGAL G2, (Crónicas 9ª Xda) : “O San Lorenzo golea no derbi costeiro e manda o descenso o Castriz, e o Muxía suma un punto que sabe a pouco”.

PRIMEIRA FUTGAL G2
-9ª Xornada-
Sábado 31/10/2026

Xallas FC 1-2 Racing San Lorenzo, Crónica

CCD Queixas 2-1 Vizoño SD, Crónica
Domingo 01/11/2026

SD San Lorenzo 3-0 SD Castriz

SD Tordoia 1-4 SD Cacheiras

Bertamiráns FC 2-0 SD Luaña

CF Muxía 0-0 Sporting Meicende

Bastavales UD 1-3 Club do Mar

SR Calo 1-0 Sporting Cambre

Boimorto CF 4-3 Praiña Sporting Club

Clasificación detallada :PREME AQUÍ

–

CRÓNICAS

A novena xornada da Primeira Futgal G2 deixou resultados de importancia tanto na zona alta como na loita pola permanencia, cun CCD Queixas que asalta o liderado en solitario, aínda que con Bertamiráns e Praiña Sporting Club ao seu carón, e cunha zona baixa cada vez máis apertada.

No que atinxe aos equipos da Costa, a noticia máis destacada estivo no derbi entre o SD San Lorenzo e o SD Castriz, resolto cun contundente 3-0 para os de Verdillo. Un triunfo que permite aos locais sumar tres puntos importantes e deixa os xalleiros nunha situación moi delicada, caendo aos postos de descenso.

Pola súa banda, o CF Muxía non puido pasar do empate sen goles ante o Sporting Meicende, nun encontro condicionado polo forte vento, mentres que o Xallas FC xa disputara o seu encontro o sábado, no que caía por 1-2 ante o Racing San Lorenzo, tal e como xa vos informamos e tedes enlace ca crónica do mesmo sábado.

Na parte alta, o CCD Queixas impúxose por 2-1 ao Vizoño SD e sitúase como novo líder con 20 puntos, un máis que Bertamiráns FC e Praiña Sporting Club, que completan o podio.

O domingo tamén deixou a goleada do SD Cacheiras en Tordoia (1-4), o triunfo do Club do Mar en Bastavales (1-3), a vitoria do SR Calo ante o Sporting Cambre (1-0) e os tres puntos do Boimorto CF nun trepidante 4-3 ante o Praiña Sporting Club. O Bertamiráns FC venceu por 2-0 ao SD Luaña.

SD San Lorenzo 3-0 SD Castriz

O derbi costeiro disputado no campo das Pedreiras de Verdillo caeu do lado do SD San Lorenzo, que superou por 3-0 ao SD Castriz nun encontro no que os locais encamiñaron a vitoria na primeira metade.

O partido tiña unha importancia especial para os dous equipos, pero sobre todo para un Castriz moi necesitado de puntos e que chegaba coa intención de escapar dos postos perigosos da clasificación.

O encontro comezou cun San Lorenzo efectivo, que atopou o camiño do gol moi cedo. Adrián Varela abriu o marcador no minuto 10 e, apenas cinco minutos despois, Hugo Pereiro ampliaba a vantaxe. O terceiro chegaba no minuto 28, por medio de Javier Pérez, deixando o 3-0 que xa sería definitivo.

Pero a primeira metade tamén estivo marcada pola sucesión de cartóns no equipo xalleiro. O Castriz recibiu cinco amoestacións, dúas delas para Saúl Prousoín, no minuto 45, e outras dúas para Samuel Castro, nos minutos 14 e 45. Ambos acabaron expulsados, polo que o conxunto visitante tivo que afrontar toda a segunda metade con nove futbolistas.

Unha circunstancia especialmente complicada para os visitantes, que xa chegaban con baixas e apenas dispoñían de catro xogadores no banco, (un deles porteiro).

Coa vantaxe de tres goles e superioridade numérica, o San Lorenzo puido controlar a situación na segunda metade e asegurar unha vitoria que lle permite alcanzar os 13 puntos e manterse na undécima posición.

Para o Castriz, pola contra, o resultado supón un duro golpe. Continúa con cinco puntos e cae ata a décimo sétima praza, xa en postos de descenso, pero cunha parte baixa moi igualada.

Goles:1-0, Adrián Varela (10′); 2-0, Hugo Pereiro (15′); 3-0, Javier Pérez (28′).

 

O Muxía dispuxo de ocasións como para levarse o encontro.

CF Muxía 0-0 Sporting Meicende

O CF Muxía tivo que conformarse cun empate sen goles ante o Sporting Meicende nun encontro no que o forte vento foi un dos grandes protagonistas.

Os da Vila da Barca buscaron con insistencia a portería rival, especialmente nunha segunda metade na que se volcaron na procura dun tanto que lles dese os tres puntos, pero o balón non quixo entrar.

A primeira metade foi bastante trabada, con moitas interrupcións e ata cinco cartóns, catro deles para o conxunto visitante. As condicións meteorolóxicas tampouco axudaron a que se puidese desenvolver un fútbol fluído.

O Muxía volveu atoparse cunha situación semellante á vivida hai dúas xornadas ante o Racing San Lorenzo, nun partido tamén condicionado polo forte vento do nordés. De novo, os muxiáns tiveron dificultades para transformar o seu dominio e as súas chegadas en goles.

Con todo, o punto tamén ten a súa importancia. Como nps apuntaba un dos directivos do club, o fundamental neste momento é «puntuar e ir pouco a pouco».

O empate deixa o CF Muxía con 15 puntos, na novena posición, nunha zona media moi igualada e a só catro puntos da cuarta praza.

Goles: Non houbo.

–

CLASIFICACIÓN

1º CCD Queixas : 20 puntos (+1)
2º Bertamiráns FC : 19 puntos (+1)
3º Praiña Sporting Club : 19 puntos (-2)
4º Boimorto CF : 16 puntos (+5)
5º Vizoño SD : 15 puntos (=)
6º SR Calo : 15 puntos (+4)
7º SD Tordoia : 15 puntos (-3)
8º Sporting Meicende : 15 puntos (-1)
9º CF Muxía : 15 puntos (-1)
10º Bastavales UD : 14 puntos (-4)
11ºSD San Lorenzo : 13 puntos (=)
12º Club do Mar : 11 puntos (=)
13º Sporting Cambre : 8 puntos (=)
14º SD Luaña : 8 puntos (=)
15º Racing San Lorenzo : 8 puntos (+1)
16º SD Cacheiras : 7 puntos (+1)
17ºSD Castriz : 5 puntos (-2)
18ºXallas FC : 4 puntos (=)

*() : Entre parénteses  a variación de posición respecto á xornada anterior.

–

PRIMEIRA FUTGAL G2
-9ª Xornada-
Domingo 10/11/10/2026

SD Castriz – Boimorto CF

Racing San Lorenzo – SD Tordoia

SD Luaña – Xallas FC

Club do Mar – CF Muxía

Vizoño SD – Bastavales UD

Sporting Cambre – CCD Queixas

Praiña Sporting Club – SR Calo

Sporting Meicende – Bertamiráns FC

SD Cacheiras – SD San Lorenzo

–

-Fotos : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–