PRIMEIRA FUTGAL G2
-7ª Xornada-
Domingo 18/10/2026
S.D. Tordoia 3-1 S.D. San Lorenzo
Xallas F.C. 3-0 S.D. Castriz
Bertamiráns F.C. 0-1 S.D. Cacheiras
CF Muxía 1-1 Racing San Lorenzo
Bastavales U.D. 0-1 S.D. Luaña
CCD Queixas 1-2 Sporting Meicende
S.R. Calo 5-2 Club do Mar
Praiña Sporting Club 1-0 Vizoño S.D.
Boimorto C.F. 2-0 Sporting Cambre
–
CRÓNICAS
Empate do Muxía na mañán deste Domingo que soubo a pouco nun choque no que os muxiáns xogaron de amarelo na estrea dunha nova equipación doada polos locais de hostalaría “A Lonxa d´Álvaro”, “Plaia das Lanchas” e “As Baleas”, nun choque no que foron superiores e no que os condenou un erro defensivo, vitoria contundente do Xallas sobre o veciño Castriz no derbi xalleiro e derrota do San Lorenzo na sua visita ao Tordoia nun derbi de proximidade, no que se refire aos equipos costeiros. O novo lider pasa a ser o Praiña trala sua vitoria pola mínima sobre o Vizoño e aproveitando do pinchazo do Queixas na casa ante o Sporting Meicende, (1-2).
CF Muxía 1-1 Racing San Lorenzo
Moito vento na Arliña que non foi handicap para ver un bo partido. Os de Sergio “Pataca” co vento encontra foron a polo equipo santiagués e fixeron méritos para irse ao descanso por enriba no marcador tras moitas chegadas perigosas, en especial por banda dereita con centros perigosos e remates a porta, pero nunha perda de balón preto do pico do área esquerda plantábse Pablo Valladares ante Bouzón e facía o 0-1 na única chegada dos visitantes a parcela muxiana. Ata o final da primeira metade puido chegar o empate, pero non se movería o marcador. Na segunda metade os da Vila da Barca apretaron e puxeron cerco a meta visitante pero o gol do empate non chegaría ata pasada a hora de xogo, era Guille Lago o que batiría a Pedro Carreira. Seguiron buscando o gol da remontada e a pesares de dispoñer de moitas ocasións faltou acerto para acadala deixando os muxiáns coa sensación dun empate que soubo a derrota.
Goles : 0-1 Pablo Valladares, (40´); 1-1, Guille Lago, (61´).
Incidencias : No 27´tivo que retirarse o visitantes Pablo Otero que sufreu unha posible escordadura de nocello.
Xallas FC 3-0 SD Castriz
Encontro moi disputado e con gran ambente o que se veu no A Fontenla antre os dous veciños. Pronto se puxo por diante o equipo de Bruno Prego cun tanto de Raúl Lado cando só ían disputados 13 minutos de xogo. Con este resultado chegábase o descanso. Xa na segunda metade poñíaselle de cara o encontro os de Santa Comba ao facer o segundo cun penalti transformado por Alberto Jallas. Cos equipos, un na procira do gol que os puxese no encontro e outro controlando, defendendo e a bucas dunha contra para matalo, ante o forte vento reinante, chegaba o da sentenza cun tanto en propia porta de Samu Castro para a primeira vitoria do curso do Xallas.
Goles : 1-0, Raúl Lado; 2-0, Alberto Jallas, (51´); 3-0, Samu Castro, (90´ en propia porta).
SD Tordoia 3-1 SD San Lorenzo
Primeira metade na que se adiantaba no ecuador da mesma o Tordoia por medio de Davíd López e que conseguía neutralizar o gol o equipo de Verdillo por medio de Darío Fariña antes de irse o descanso. Xa na segunda Brayan poñía de novo por diante os tordoieses aos poucos da reanudación e non sería ata o treito final cando Denís Pose facía o terceiro para darlle os 3 puntos os de Tordoia cos verdilleses buscando a igualada que non chegou.
Goles : 1-0, David López, (21´); 1-1, Darío Fariña, (40´); 2-1, Brayan, (51´); 3-1, Denís Pose, (83´).
.
Clasificación
1º Praia Sporting Club : 16
2º CCD Queixas : 16
3º Sporting Meicende : 14
4º Bertamiráns FC : 13
5º Boimorto CF : 13
6º SR Calo : 12
7º Vizoño SD : 12
8º SD Tordoia : 12
9º Bastavales UD : 11
10º CF Muxía : 11
11º Sporting Cambre : 8
12º SD Luaña : 8
13º Club do Mar : 7
14º SD San Lorenzo : 7
15º SD Castriz : 5
16º Racing San Lorenzo : 5
17º Xallas FC : 4
18º SD Cacheiras : 1
–
PRIMEIRA FUTGAL G2
-7ª Xornada-
Domingo 25/10/2026
SD San Lorenzo – Boimorto CF
SD Castriz – SD Tordoia
SD Cacheiras – Xallas FC
Racing San Lorenzo – Bertamiráns FC
SD Luaña – CF Muxía
Sporting Meicende – Bastavales UD
Club do Mar – CCD Queixas
Vizoño SD – SR Calo
Sporting Cambre – Praia Sporting Club
–
-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”
–


