PRIMEIRA FUTGAL G2, (Cónicas 8ª Xda) : “Muxía e San Lorenzo suman de 3 e miran cara arriba, mentres que Xallas e Castriz caen e afúndense na táboa”.

PRIMEIRA FUTGAL G2
-8ª Xornada-
Domingo 25/10/2026

SD San Lorenzo 2-1 Boimorto CF

SD Castriz 2-5 SD Tordoia

SD Cacheiras 3-2 Xallas FC

Racing San Lorenzo 0-4 Bertamiráns FC

SD Luaña 1-2 CF Muxía

Sporting Meicende 0-1 Bastavales UD

Club do Mar 3-3 CCD Queixas

Vizoño SD 6-4 SR Calo

Sporting Cambre 2-4 Praia Sporting Club

Clasificación detallada : PREME AQUÍ

CRÓNICAS

A oitava xornada da Primeira Futgal G2 deixou unha auténtica choiva de goles, con 38 tantos nos nove encontros disputados, a unha media de máis de catro por partido. Houbo emoción, remontadas e marcadores abultados, cun 6-4 entre o Vizoño e o Calo como resultado máis goleador da fin de semana.

Para os equipos da Costa, a xornada deixou un balance de dúas vitorias e dúas derrotas. O CF Muxía e o SD San Lorenzo sacaron adiante os seus compromisos pola mínima, mentres que o SD Castriz e o Xallas FC caeron nos seus respectivos encontros. O Muxía continúa na zona alta da clasificación, con 14 puntos, e o San Lorenzo sobe ata os dez. Pola súa banda, Castriz e Xallas seguen na parte baixa e precisan comezar a sumar para cambiar a súa dinámica.

SD Luaña 1-2 CF Muxía

O CF Muxía levou os tres puntos da súa visita ao campo do Luaña nun encontro trabado, especialmente na segunda metade, no que o xogo brusco e os cartóns tiveron protagonismo. O conxunto muxián adiantouse no marcador por medio de Guille Lago, pero o Luaña igualou o encontro no minuto 82. A reacción local durou pouco, xa que Fran Moreira, marcou tres minutos despois o tanto definitivo.

O equipo local viu sete cartóns amarelos na segunda metade, por dous do Muxía, nun partido no que os da Vila da Barca souberon aproveitar a súa oportunidade decisiva para sumar unha vitoria importante e manterse con 14 puntos na clasificación.

Goles: 0-1, Guille Lago (52’); 1-1, Aitor (82’); 1-2, Fran Moreira (85’).

SD San Lorenzo 2-1 Boimorto CF

O SD San Lorenzo conseguiu unha importante vitoria na casa ante o Boimorto CF, nun encontro que se decidiu cunha rápida reacción local tras o empate visitante. Javier Pérez adiantou os de Verdillo no minuto 21, resultado co que se chegou ao descanso. Na segunda metade, Iván García restableceu a igualdade no 61’, pero apenas tres minutos despois Hugo marcou o 2-1 definitivo.

Tres puntos valiosos para o San Lorenzo, que volve sumar de tres e alcanza os dez puntos, collendo algo de aire na clasificación.

Goles: 1-0, Javier Pérez (21’); 1-1, Iván García (61’); 2-1, Hugo (64’).

SD Castriz 2-5 SD Tordoia

O SD Castriz sufriu unha dura derrota ante un Tordoia moi efectivo, que remontou o tanto inicial dos locais e acabou impoñéndose por un claro 2-5. Fabio puxo por diante os de Castriz no minuto 31, pero Víctor igualou de penalti e, catro minutos despois, completou a remontada visitante.

José Gesto devolveu a esperanza aos locais nada máis comezar a segunda metade, pero o Tordoia golpeou con contundencia: Brayan anotou dous goles en apenas dous minutos e David sentenciou no 75’. O encontro tamén estivo marcado pola tensión, con seis cartóns na última media hora, catro deles para os xogadores do Castriz e dous para os visitantes.

Un resultado que deixa o Castriz con cinco puntos e que obriga o equipo a reaccionar nas próximas xornadas.

Goles: 1-0, Fabio (31’); 1-1, Víctor (35’, de penalti); 1-2, Víctor (39’); 2-2, José Gesto (48’); 2-3, Brayan (59’); 2-4, Brayan (61’); 2-5, David (75’).

SD Cacheiras 3-2 Xallas FC

O Xallas FC marchou de baleiro da súa visita ao Cacheiras nun partido moi disputado e que non se resolveu ata o tempo engadido. Pablo Ares adiantaba os locais no minuto 35, pero Alberto Jallas empataba antes do descanso. Xa na segunda metade, Leonardo puxo de novo por diante o Cacheiras e Vaamonde ampliou a vantaxe no minuto 80.

O Xallas non se rendeu e David Pereira recortou distancias no 91’, pero o tanto chegou demasiado tarde para evitar a derrota. Os xalleiros quedan con catro puntos, os mesmos que o Cacheiras, e ocupan a última posición da táboa pola diferenza de goles.

Goles: 1-0, Pablo Ares (35’); 1-1, Alberto Jallas (42’); 2-1, Leonardo (50’); 3-1, Vaamonde (80’); 3-2, David Pereira (91’).

Clasificación

1º Praiña Sporting Club: 19 puntos
2º CCD Queixas: 17 puntos
3º Bertamiráns FC: 16 puntos
4º SD Tordoia: 15 puntos
5º Vizoño SD: 15 puntos
6º Bastavales UD: 14 puntos
7º Sporting Meicende: 14 puntos
8º CF Muxía: 14 puntos
9º Boimorto CF: 13 puntos
10º SR Calo: 12 puntos
11º SD San Lorenzo: 10 puntos
12º Club do Mar: 8 puntos
13º Sporting Cambre: 8 puntos
14º SD Luaña: 8 puntos
15º SD Castriz: 5 puntos
16º Racing San Lorenzo: 5 puntos
17º SD Cacheiras: 4 puntos
18º Xallas FC: 4 puntos

–

PRIMEIRA FUTGAL G2
-9ª Xornada-
Domingo 01/11/2026

Xallas FC – Racing San Lorenzo

SD San Lorenzo – SD Castriz

SD Tordoia – SD Cacheiras

Bertamiráns FC – SD Luaña

CF Muxía – Sporting Meicende

Bastavales UD – Club do Mar

CCD Queixas – Vizoño SD

SR Calo – Sporting Cambre

Boimorto CF – Praiña Sporting Club

–

-Foto : Marina Busto

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–