PRIMEIRA FUTGAL G2, (9ª Xda) : “Tropezo do Xallas ante un rival direto e vitoria do Queixas para asaltar provisionalmente o liderato, nos encontros sabatinos da xornada”.

PRIMEIRA FUTGAL G2
-9ª Xornada-
Sábado 31/10/2026

Xallas FC 1-2 Racing San Lorenzo

CCD Queixas 2-1 Vizoño SD
Domingo 01/11/2026

SD San Lorenzo – SD Castriz, ás 16:30

SD Tordoia – SD Cacheiras, ás 16:30

Bertamiráns FC – SD Luaña, ás 18:00

CF Muxía – Sporting Meicende, ás 16:15

Bastavales UD – Club do Mar, ás 16:30

SR Calo – Sporting Cambre, ás 17:00

Boimorto CF – Praiña Sporting Club, ás 12:00

.

Xallas FC 1-2 Racing San Lorenzo

Nun duelo direto por escapar dos postos de ritetos o Racing San Lorenzo levouse os puntos ante o equipo xalleiro e sae momentaneamente destes postos aos que cae o Castriz que na tarde deste Domingo visita en Verdillo ao San Lorenzo. Comenzou mal o choque para os de Bruno Prego que aos 20 minutos de xogo Thierno facía o primeiro da tarde na Fontenla, o propio Thierno ampliaba ventaxe para os santiagueses aos 76 minutos. Tan só un minuto despois Rubén Blanco facía ó 1-2 deixando todo aberto co que faltaba de encontro, pero ese gol que a lo menos rescatara un punto non chegou. Os santiagueses defenderon o resultado e conseguírino como xa fixeron fai duas semanas en Muxía onde colleitaron un punto baseado en aoproveitar a ocasión que tiveron e orde defensivo. (Na foto de portada o Racing San Lorenzo en Muxía).

Goles : 0-1, Thierno, (20´); 0-2, Thierno, (76´); 1-2, Rubén Blanco, (77´).

CCD Queixas 2-1 Vizoño SD

Trunfo traballado do Queixas para colocarse provisionalmente como lider con 20 puntos un máis co Praiña que debe xogar hoxe. Os cercedenses adiantábanse por medio de Chrístian a media hora de xogo e 5 minutos despois Samu Ríos facía o segundo. Todo parecía controlado pero as portas abríronselle aos vizoñeses cando o conxunto local quedaba cun menos ao ver o segundo cartón da sua conta particular Pablo Ferreito no 71´. Buscaron os visitantes un gol que os metese de cheo no encontro pero este non chegou ata o tempo de desconto por medio de Diata. Duelo antre dous equipos que loitarán por todo.

Goles : 1-0, Diata, (33´); 2-0, Samuel, (38´); 2-1, Diata, (91´).

–

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

–