PRIMEIRA FUTGAL G2
-Xornada 6-
Domingo 11/10/2026
SD Cacheiras 0-1 CF Muxía
SD Castriz 0-2 Bertamiráns UD
SD San Lorenzo 3-0 Xallas FC
Racing San Lorenzo 2-1 Bastavales UD
SD Luaña 3-3 CCD Queixas
Sporting Meicende 1-2 SR Caio
SD Tordoia 1-0 Boimorto CF
Club do Mar 0-3 Praíña Sporting Club
Luns 12/10/2026
Vizoño SD – Sporting Cambre, ás 18:00
.
CRÓNICAS
Crónica xeral da xornada
A sexta xornada da Primeira Futgal G2 deixou resultados de todo tipo, cunha especial atención aos equipos da Costa. O SD San Lorenzo impúxose con claridade no derbi costeiro ante o Xallas FC, mentres que o CF Muxía sacou adiante un partido traballado no campo do Cacheiras, onde xogou en superioridade numérica desde o minuto 5. Pola súa banda, o SD Castriz non puido puntuar ante o Bertamiráns UD, que se levou os tres puntos con dous goles. A xornada pecharase este luns 12 de outubro co encontro entre o Vizoño SD e o Sporting Cambre, ás 18:00 horas.
SD Cacheiras 0-1 CF Muxía
Vitoria traballada e sufrida dun CF Muxía que regresou con tres puntos importantes do campo do SD Cacheiras. O encontro púxoselle de cara moi cedo aos muxiáns, xa que o porteiro local, Xoel Moreno, viu o vermello directo no minuto 5, deixando o seu equipo cun xogador menos durante practicamente todo o partido.
A pesar da superioridade numérica, os muxiáns tiveron que traballar arreo para sacar adiante un encontro no que o gol se resistiu ata pouco antes do descanso. Manu Nogueira, (na foto), no minuto 44, anotou o tanto que acabaría decidindo o choque.
O curto resultado mantivo a emoción e a intriga ata o pitido final, pero os tres puntos viaxaron para a Costa da Morte.
Goles: 0-1, Manu Nogueira, (44´).
SD Castriz 0-2 Bertamiráns UD
O SD Castriz quedou sen premio na súa cita ante o Bertamiráns UD, que soubo aproveitar as súas oportunidades para levarse a vitoria por dous goles de diferenza.
Arnejo abriu o marcador no minuto 27, obrigando os so San Pedro a remar contra corrente. Xa na segunda metade, Ronquete ampliou a vantaxe visitante no minuto 62, deixando o encontro moi costa arriba para os locais.
Os de Castriz buscaron cambiar o rumbo do partido, pero non conseguiron atopar o camiño do gol e tiveron que asumir unha derrota que os deixa sen sumar nesta sexta xornada.
Goles: 0-1, Arnejo, (27´); 0-2, Ronquete, (62´).
SD San Lorenzo 3-0 Xallas FC
O derbi costeiro da xornada quedou en Berdillo, onde o SD San Lorenzo superou con autoridade o Xallas FC por un claro 3-0. Os locais levaron o peso do encontro e construíron unha vitoria convincente ante un conxunto xalleiro que non puido frear o seu acerto ofensivo.
Samuel adiantou os de Berdillo no minuto 26, cun tanto que lles permitiu chegar por diante ao descanso. Na segunda metade, Javier Pérez ampliou a diferenza desde o punto de penalti no minuto 55 e volveu marcar no 82 para completar o triunfo local cun dobrete.
O encontro tamén deixou unha incidencia disciplinaria, coa expulsión de Marcos Corral, xogador do Xallas, cando estaba no banco, no minuto 46.
Tres puntos importantes para o San Lorenzo, que se impuxo con contundencia no duelo do derbi costeiro.
Goles: 1-0, Samuel, (26´); 2-0, Javier Pérez, (55´ de penalti); 3-0, Javier Pérez, (82´).
Clasificación
1º CCD Queixas : 16 puntos
2º Praiña Sporting Club : 13 puntos
3º Bastavales U.D. : 11 puntos
4º Sporting Meicende : 11 puntos
5º Bertamiráns F.C. : 10 puntos
6º Boimorto C.F. : 10 puntos
7º Muxía C.F. : 10 puntos
8º Vizoño S.D. : 9 puntos
* 9º S.D. Tordoia : 9 puntos
10º S.R. Calo : 9 puntos
11º Sporting Cambre : 8 puntos *
12º Club do Mar : 7 puntos
13º S.D. San Lorenzo : 7 puntos
14º S.D. Castriz : 5 puntos
15º S.D. Luaña : 5 puntos
16º Racing San Lorenzo : 4 puntos
17º S.D. Cacheiras : 1 punto
18º Xallas F.C. : 1 punto
–
PRIMEIRA FUTGAL G2
-7ª Xornada-
Domingo 18/10/2026
S.D. Tordoia – S.D. San Lorenzo
Xallas F.C. – S.D. Castriz
Bertamiráns F.C. – S.D. Cacheiras
CF Muxía – Racing San Lorenzo
Bastavales U.D. – S.D. Luaña
CCD Queixas – Sporting Meicende
S.R. Calo – Club do Mar
Praiña Sporting Club – Vizoño S.D.
Boimorto C.F. – Sporting Cambre
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
