PRIMEIRA FUTGAL G2
-Xornada : 5-
Domingo, 4 de outubro de 2026
RESULTADOS
(Equipos da Costa)
Xallas FC 1-1 SD Tordoia
CF Muxía 1-2 SD Castriz
Bertamiráns FC 1-1 SD San Lorenzo
–
-CRÓNICA DOS EQUIPOS DA COSTA-
Vitoria do Castriz ante o Muxía no derradeiro suspiro do derbi da xornada, primeiro punto para o Xallas e tamén empate do San Lorenzo, foi a bagaxe dos equipos costeiros na 5ª tirada da competición.
CF MUXÍA 1-2 SD CASTRIZ
O Castriz lévase o derbi no tempo engadido. O SD Castriz levou os tres puntos do derbi costeiro fronte ao CF Muxía nun encontro que tivo emoción ata o último suspiro. O Muxía adiantouse no minuto 35, cando Manu Nogueira conseguiu superar a meta visitante para poñer o 1-0 no marcador. O Castriz reaccionou tras o descanso e atopou o empate no minuto 50, por medio de Fabio Blanco, deixando todo por decidir nos últimos compases. E cando parecía que o derbi estaba destinado a rematar en táboas, chegou o golpe definitivo. Alexandre, no minuto 93, marcou o tanto que lle deu a vitoria ao conxunto de San Pedro de Castriz.
Un triunfo de enorme valor para o Castriz, que suma 5 puntos e sobe ata a 13ª posición, mentres que o Muxía queda con 7 puntos, na décima praza.
XALLAS FC 1-1 SD TORDOIA
Raúl Lado rescata un punto no tramo final. O Xallas FC sumou un punto ante o SD Tordoia nun encontro no que os goles chegaron na segunda metade. Houbo que agardar ata o minuto 71 para ver o primeiro tanto. Foi Brayan quen puxo por diante ao conxunto visitante. O Xallas non se deu por vencido e buscou a reacción nos minutos finais. A recompensa chegou no 85’, cando Raúl Lado conseguiu o empate para os de Santa Comba.
O 1-1 xa non se movería, deixando un punto para cada equipo. O Xallas continúa na 17ª posición con 1 punto, mentres que o Tordoia suma 6 puntos.
BERTAMIRÁNS FC 1-1 SD SAN LORENZO
O San Lorenzo puntúa ante un dos cocos da competición. Importante punto conseguido polo SD San Lorenzo ante o Bertamiráns FC, nun encontro no que os costeiros tiveron que reaccionar tras encaixar primeiro. O conxunto local adiantouse no minuto 16, cun gol de Pablo Ronquete, que puxo o 1-0 no marcador. O San Lorenzo soubo manterse no partido e, tras o paso polos vestiarios, atopou o premio ao seu esforzo. Lucas Souto, no minuto 69, marcou o tanto do empate.
O 1-1 sería definitivo, permitindo aos de Berdillo sumar un punto ante un dos equipos situados na parte alta da clasificación. O San Lorenzo queda con 4 puntos, ocupando a 14ª posición.
–
CLASIFICACIÓN
1º CCD Queixas : 15
2º Bertamiráns UD : 11
3º Sporting Meicende : 11
4º Praíña Sporting Club : 10
5º Negreira CF : 10
6º Vizoño SD : 9
7º Sporting Cambre : 8
8º Bastavales FC : 7
9º Club do Mar : 7
10º CF Muxía : 7
11º SD Tordoia : 6
12º SR Caio : 6
13º SD Castriz : 5
14º SD San Lorenzo : 4
15º SD Luaña : 4
16º SD Cacereiras : 1
17º Xallas FC : 1
18º Racing San Lorenzo : 1
–
PRÓXIMA XORNADA
-Xornada : 6-
Domingo 11/10/2026
SD Tordoia – CF Muxía
SD Castriz – Bertamiráns UD
SD San Lorenzo – Praíña Sporting Club
SD Luaña – Xallas FC
Racing San Lorenzo – Bastavales UD
Vizoño SD – CCD Queixas
Club do Mar – SR Caio
Sporting Meicende – Sporting Cambre
SD Cacheiras – Negreira CF
–
-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”
–
