PRIMEIRA FUTGAL G2, (4ª Xda) : “Vitoria do Muxía no derbi co San Lorenzo, empate do Castriz e derrota do Xallas, esa foi a bagaxe dos equipos costeiros”.

A cuarta xornada da Primeira Futgal G2 deixou tres resultados diferentes para os equipos da Costa, co Muxía sumando tres puntos no derbi co San Lorenzo, o Castriz rescatando un empate e derrota do Xallas que segue sen puntuar.

O Boimorto CF impúxose por 0-2 no campo do Xallas FC, nun encontro no que os xalleiros conseguiron aguantar ata o minuto 54. Foi entón cando chegou o primeiro tanto dos visitantes. O Xallas buscou a igualada nos minutos posteriores, pero no tramo final, no 86, o Boimorto sentenciou o encontro co segundo gol. Con este triunfo, os de Boimorto mantéñense na parte alta da clasificación, con 10 puntos, mentres que o Xallas segue sen estrear o seu casilleiro.

No derbi entre o SD San Lorenzo de Verdillo e o CF Muxía, os tres puntos marcharon para Muxía. O encontro quedou encamiñado xa moi cedo, pois Víctor Alcaina marcaba no minuto 4, un gol que acabaría sendo decisivo. O San Lorenzo intentou reaccionar, pero o marcador xa non se movería e o Muxía suma así unha nova vitoria que o coloca con 7 puntos.

Pola súa banda, o SD Castriz conseguiu un valioso empate 1-1 ante o Bastavales UD. Os visitantes adiantábanse no marcador no minuto 19, e o Castriz tivo que remar durante boa parte do encontro. A recompensa chegaría no 80, cando Fabio Blanco conseguía o tanto da igualada. Un punto que permite aos de Castriz sumar por segunda xornada consecutiva e situarse con 2 puntos.

-Clasificación-

1º CCD Queixas : 12
2º Praina Sporting Club : 10
3º Boimorto C.F. : 10
4º Bastavales U.D. : 8
5º Sporting Meicende : 8
6º Sporting Cambre : 7
7º Muxía C.F. : 7
8º Bertamiráns F.C. : 6
9º Club do Mar : 6
10º Vizoño S.D. : 6
11º S.D. Tordoia : 5
12º S.R. Calo : 5
13º S.D. San Lorenzo : 3
14º S.D. Luaña : 3
15º S.D. Castriz : 2
16º S.D. Cacheiras : 1
17º Racing San Lorenzo : 1
18º Xallas F.C. : 0

–

-Foto e texto : Xosé Búa “Pirata”

–