PRIMEIRA FUTGAL G2
33ª Xornada, (Penúltima)
Domingo 010/05/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
Racing San Lorenzo 0-3 CF Muxía
Bertamiráns FC 6-0 SD Fisterra
Bastavales UD 3-2 Camariñas FC
Cire de Melide 4-1 SCDR Esteirana
SD Castriz 2-1 Praiña SC
.
Clasificación e resto de resultados : PREME AQUÍ
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
O Fisterra volve a Liga da costa.
CRÓNICA XERAL
A 33ª xornada da Primeira Futgal G2 deixou unha das fins de semana máis duras dos últimos anos para o fútbol costeiro. A falta dunha soa xornada para o remate da liga, confirmouse o descenso da SCDR Esteirana, (xa descendida dende hai semanas), e tamén o da SD Fisterra e o Camariñas FC, que queda sen opcións matemáticas de salvación ao teren o golaveraxe perdido co Bastavales UD.
A única alegría da xornada chegou da man da SD Castriz, que fixo os deberes en San Pedro cun triunfo de enorme valor diante do Praíña SC e certificou a permanencia nun curso complicado pero no que os de José Barca reaccionaron a tempo.
O CF Muxía continúa coa súa gran dinámica e impúxose con autoridade no sempre complicado campo de Santa Isabel ante o Racing San Lorenzo. Os muxiáns, asentados na sexta praza con 55 puntos, chegan no mellor momento posible á gran cita do curso: a final da Copa da Costa do vindeiro 24 de maio en Vimianzo, no Irmandiños, ás 18:00 horas diante do Malpica. O cadro de Sergio “Pataca” repetirá final tras caer o pasado ano nos penaltis despois do 1-1 co que remataran os 120 minutos de xogo.
Na zona alta segue a emoción total. Arzúa e Club do Mar continúan empatados a 66 puntos no máis alto da táboa, mentres que o Cacheiras mantén opcións dependendo do que fagan Calo e Bertamiráns na derradeira xornada. Precisamente o Calo necesita cando menos un punto para asegurar a promoción, xa que ten o golaveraxe perdido co Bertamiráns.
Fran Moreira fixo os 3 do Muxía.
Racing San Lorenzo 0-3 CF Muxía
Gran triunfo do Muxía nun escenario complicado como Santa Isabel. Os de Sergio “Pataca” foron superiores nun encontro aberto no primeiro tempo e sentenciaron cun espectacular hat-trick de Fran Moreira. Os muxiáns chegan lanzados á recta final da tempada e coa moral alta antes da final copeira.
Sergio “Pataca”, (adestrador do Muxía): “Partido bonito nun bonito escenario como é o campo de Santa Isabel, saímos os dous equipos intentando xogar, xerando ocasións en ambas porterías, estivemos máis acertados e ímonos 2-0 ao descanso con dous goles de Fran. No descanso axustamos sistema e xa non lle deixamos xerar nada ao Racing, cerramos o encontro co hat-trick de Fran.”
Goles: 0-1, Fran Moreira, (15´); 0-2, Fran Moreira, (25´); 0-3, Fran Moreira, (78´).
Bertamiráns FC 6-0 SD Fisterra
O Fisterra consumou o descenso cunha dura derrota no campo dun Bertamiráns que segue pelexando polos postos de privilexio. Os locais deixaron o choque practicamente resolto antes do descanso e ampliaron a goleada nun segundo tempo sen reacción visitante.
Goles: 1-0, Roi, (10´); 2-0, Adrián Arnejo, (17´); 3-0, Adrián Arnejo, (23´); 4-0, Adrián Castro, (54´); 5-0, Adrián Castro, (56´); 6-0, Anxo de penalti, (74´).
O Camariñas cae a Liga da costa tras unha dura loita.
Bastavales UD 3-2 Camariñas FC
O Camariñas morreu na beira. Os camariñáns competiron e chegaron vivos ata o tramo final, pero a derrota ante un rival directo certifica o descenso dos de Camariñas, xa que o Bastavales, que marca o posto de salvación tenlle gañado o golaveraxe particular. O equipo costeiro intentouno ata o final, pero o segundo gol de Djibril non chegou a tempo para evitar a caída.
Goles: 1-0, Julián Nieto, (1´); 1-1, Djibril, (35´); 2-1, Jorge Vázquez en propia porta, (38´); 3-1, Chenel, (60´); 3-2, Djibril de penalti, (85´).
Cire de Melide 4-1 SCDR Esteirana
A Esteirana, xa descendida dende hai semanas, encaixou unha nova derrota nun encontro que quedou moi encarrilado antes do descanso. Os locais aproveitaron os erros defensivos dos costeiros para marchar cun contundente 4-0 ao intermedio.
Goles: 1-0, Godo en propia porta, (9´); 2-0, Sergio, (16´); 3-0, Asier, (31´); 4-0, Pereiro, (44´); 4-1, Antón, (66´).
SD Castriz 2-1 Praíña SC
O Castriz logrou a permanencia cun triunfo de enorme mérito diante dun Praíña que chegaba instalado na zona tranquila. Os de José Barca saíron decididos desde o primeiro minuto e, malia o empate visitante antes do descanso, mantiveron a fe ata atopar o gol salvador no tramo final.
José Barca, (adestrador do Castriz): “Saímos co vento a favor e desde o minuto un saímos a apertar arriba. O Praíña tentaba saír pero ante a nosa presión non eran capaces e chegou o noso primeiro gol por medio de Juanjo, tras unha boa xogada de Chaque que manda ao segundo pau para que culmine Juanjo. Estabamos moi ben pola banda dereita con Charlie e puido marcar de novo Juanjo e anuláronlle a Fabián un gol bastante xustiño e na primeira deles entre rexeites chegou o empate deles e chegamos ao descanso co empate pero con moitas ocasións.
Na segunda a entrada de Fabio deunos moita profundidade pola banda esquerda e asociándose con Fabián, que viña de estar parado e que vai collendo sensacións. Nunha xogada combinativa marcaba no treito final e matabamos o partido. O resultado vén certificar o bo traballo que estabamos a facer nas derradeiras xornadas.”
Goles: 1-0, Juanjo, (18´); 1-1, Borja Rey, (26´); 2-1, Fabio, (83´).
.
CLASIFICACIÓN
1º CSD Arzúa : 66
2º Club do Mar : 66
3º SD Cacheiras : 62
4º Bertamiráns FC : 59
5º SR Calo : 59
6º CF Muxía : 55
7º Vizoño SD : 51
8º Praíña Sporting Club : 49
9º Racing San Lorenzo : 45
10º SD Tordoia : 44
11º Cire de Melide : 44
12º CCD Queixas : 43
13º Boimorto CF : 41
14º SD Castriz : 37
15º Bastavales UD : 33
16º Camariñas FC : 30
17º SD Fisterra : 27
18º SCDR Esteirana : 17
.
PRIMEIRA FUTGAL G2
33ª Xornada
Domingo 010/05/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Fisterra – Racing San Lorenzo
SCDR Esteirana – Bastavales UD
Vizoño SD – SD Castriz
CF Muxía – SR Calo
Camariñas FC – SD Cacheiras
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Foto Castriz : José Barca
-Fotos Muxía : Marina Busto
-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios adestradores : propios