PRIMEIRA FUTGAL G2, (33ª Xda/Derradeira) : “Dous sobreviven e tres caen: amarga despedida costeira na Primeira Futgal G2-2025/26”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

33ª Xornada, (Derradeira)

Domingo 010/05/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SD Fisterra 2-0 Racing San Lorenzo

SCDR Esteirana 1-3 Bastavales UD

Vizoño SD 2-2 SD Castriz

CF Muxía 1-1 SR Calo

Camariñas FC 1-0 SD Cacheiras

Clasificación e resto de resultados : PREME AQUÍ

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

A Primeira Futgal G2 chegou ao seu remate cunha derradeira xornada marcada pola loita polo título e cun sabor agridoce para o Fútbol da Costa, que perde tres representantes na categoría. Coa permanencia do SD Castriz xa asegurada e o CF Muxíasen opcións de promoción, o interese costeiro centrábase en pechar a tempada da mellor maneira posible.

O gran protagonista da última tarde foi un SR Calo que conseguiu en Muxía un punto que lle valeu para meterse na promoción de ascenso. Os muxiáns, cos deberes feitos desde hai semanas e coa mente posta na gran final da Copa da Costa do vindeiro Domingo ante o SCD Malpica nos Irmandiños de Vimianzo, (18:00 horas), ofreceron unha boa imaxe e despediron o curso cun empate de mérito ante un rival que se xogaba media tempada.

Os de Sergio “Pataca” pechan a liga nunha magnífica sexta posición, confirmándose como un dos equipos máis sólidos e competitivos da categoría. Tempada moi seria do conxunto muxián, que competiu sempre a gran nivel e que aínda pode poñerlle a guinda ao curso coa conquista copeira.

SD Castriz

Tamén rematou cun sorriso o SD Castriz, que sacou un empate no campo do Vizoño SD para rematar a liga cunha permanencia traballada e moi sufrida. Os de San Pedro pasaron momentos complicados ao longo da campaña, pero reaccionaron cando máis falta facía e conseguiron salvar a categoría con mérito. Gran traballo de Miguel Chouza primeiro e José Barca despois.

Sobre este derradeiro encontro dos xalleiros José Barca ante o Vizoño, (2-2),comentábanos que o haber acadado a permanenza a semana pasada, “o equipo xoga máis solto e nótase no encontro. Fixemos unha moi boa primeira metade das melloras desde que cheguei. Tivemos varias ocasións ainda que estivemos desacertados de cara a porta a hora de definir e conseguindo que eles non conseguiran intimarnos. Na segunda recuperamos balóns e nun dos roubos Fabio mandou unha o longueiro e pouco despois acadou un gol nunha similar, puxémonos 2-0 e puidemos facer o terceiro cun tiro o longueiro que rebotou a liña de gol. Chegou a relaxación e no derradeiro cuarto de hora baixamos o ritmo e acurtaron cunha gran xogada e pouco despois facían o empate. Un pouco inxusto polo que fixemos no encontro. Obxetivo logrado e descansar e recargar pilas”. 

Peor sabor de boca queda para o Camariñas FC. Os camariñáns despediron a liga cun triunfo diante do SD Cacheiras, pero a reacción chegou demasiado tarde. Tras boa parte da tempada competindo fóra das posicións perigosas, o equipo acabou caendo ao descenso nas últimas xornadas, castigado por unha recta final moi dura e con moitas baixas, nun grupo de enorme igualdade.

Tamén perdeu a categoría o histórico SD Fisterra, aínda que os fisterráns quixeron despedirse da categoría cunha alegría para a súa afección, vencendo ao Racing San Lorenzo no “Ara Solis”. Un descenso doloroso para un club que agora terá que reconstruírse para tentar volver canto antes.

O caso máis complicado foi o da SCDR Esteirana, descendida xa desde hai semanas e que puxo punto final á campaña cunha derrota ante o Bastavales UD. Un curso moi difícil para os esteiráns, aos que nunca lles saíron as cousas e que rematan como pechacancelas da categoría, con 4 trunfos e 5 empates pero ca sangría de 25 derrotas.

Así remata unha tempada dura para os equipos da Costa na Primeira Futgal G2, nunha tempada na que se contaba con  cáseque un terzo de equipos costeiros, cun balance final de dous conxuntos salvados e tres descensos. Para o ano que ben a muxiáns e castricenses unirase o San Lorenzo de Verdillo campión da Liga da Costa e a ver que fan Xallas e Baio na promoción de ascenso.

.

CLASIFICACIÓN FINAL

1º CSD Arzúa : 69
Club do Mar : 69
SR Calo : 63
4º Bertamiráns FC : 62
SD Cacheiras : 59
CF Muxía : 56 
7º Vizoño SD : 52
8º Praíña Sporting Club : 49
9º CCD Queixas : 46
10º Racing San Lorenzo : 45
11º SD Tordoia : 44
12º Cire de Melide : 44
13º Boimorto CF : 41
14º SD Castriz : 38
15º Bastavales UD : 36
16º Camariñas FC : 33
17º SD Fisterra : 30
18º SCDR Esteirana : 17

.

-Foto Castriz : José Barca

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”