PRIMEIRA FUTGAL G2, (32ª Xda) : “Derrota do Muxía que xa só pensa na Copa e derrotas duras do resto dos da Costa que os deixa moi tocados copando as prazas de descenso”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

32ª Xornada

Domingo 03/05/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

CF Muxía 0-1 Bertamiráns FC

SD Fisterra 0-4 SD Cacheiras

Camariñas FC 1-6 Cire de Melide

CCD Queixas 3-2 SD Castriz

 SCDR Esteirana 1-5 CSD Arzúa

Clasificación e resto de resultados : PREME AQUÍ

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA XERAL

A Primeira Futgal G2 entra na súa fase decisiva e, a falta de dúas xornadas para baixar o pano, a tensión medra tanto na loita polo ascenso como na pelexa pola permanencia. Para os equipos da Costa, a 32ª xornada deixou un balance moi duro, con derrotas xeneralizadas e un panorama que se complica seriamente por abaixo.

Na zona nobre, o CF Muxía perdeu unha oportunidade de ouro para engancharse de cheo á pelexa pola promoción. Os muxiáns que pensan máis na finalísima da “LXI Copa da Costa” do vindeiro 24 de maio, caeron pola mínima (0-1) ante o Bertamiráns nun duelo directo, no que os visitantes adiantáronse aos 27 minutos de xogo cun tanto de Pablo Antelo. O Muxía mantense con 52 puntos, xa sen opcións de promoción. A falta de acerto nos metros finais penalizou a un conxunto que competiu, pero ao que lle faltou ese chisco diferencial nos momentos clave.

Así nos comenta Sergio “Pataca” o que foi o choque cos do brionenses : “Partido igualado na primeira parte, no que o Berta saíu mellor, xerando unhas cantas chegadas. Nós, moi espesos con balón e sen ser capaces de progresar. Un fallo na saída fixo que o Berta se adiantase nun man a man con Iván.

Na segunda cambiamos o sistema e, cos cambios, fomos moi superiores ao rival, xerando 6-7 ocasións claras de gol, con dous paus incluídos, pero a pelotiña non quixo entrar. Agora toca acabar competindo ben estas dúas xornadas e xa co obxectivo da Copa entre ollo e ollo.”

Moito máis contundente foi o golpe recibido polo SD Fisterra, superado con claridade (0-4) polo Cacheiras. O cadro fisterrán non foi quen de frear a un rival lanzado cara á promoción e queda afundido na penúltima posición con 27 puntos. A permanencia está agora a 3 puntos que en realidade con 4 polo golaveraxe perdido co Bastavales, as contas complícanse aínda máis. O calendario tampouco dá tregua: visita a un Bertamiráns que se xoga seguir soñando e pechará a liga ante un Racing San Lorenzo sen presión.

Tampouco houbo boas novas para o Camariñas FC, goleado na casa (1-6) polo Cire de Melide nun partido que deixou feridas tanto na clasificación como no ánimo. Os camariñáns seguen con 30 puntos, en postos de descenso, empatados co Bastavales, que marca a salvación. Precisamente, o seguinte duelo será unha final anticipada: visita ao Bastavales nun choque directo a vida ou morte. Para rematar, recibirán a un Cacheiras que podería xogar a promoción, polo que o camiño non será doado.

O que tampouco puido sumar foi o SD Castriz, que caeu (3-2) no campo do Queixas nun encontro igualado e cheo de alternativas. A derrota frea a súa tentativa de afastarse definitivamente do perigo, aínda que segue dependendo de si mesmo. Con 34 puntos, mantén unha marxe de catro sobre o descenso cando quedan seis en xogo, polo que é o equipo costeiro que mellor ten encamiñada a salvación dos 4 de abaixo, aínda que sen marxe para relaxacións. Recibe para semana ao Praiña e remata a liga contra Vizoño, dous osos duros que están ca parte nobre co Muxía.

Pola súa banda, a SCDR Esteirana encaixou unha nova derrota (1-5) fronte ao líder Arzúa, nun partido sen historia. Os esteiráns, pechacancelas con 17 puntos, levan semanas pensando xa no futuro máis que nun presente que se fixo demasiado duro.

Así as cousas, o panorama é sombrizo para os equipos da Costa na zona baixa. Neste momento, tres deles ocuparían postos de descenso (Camariñas, Fisterra e Esteirana), o que podería provocar un efecto dominó na Liga da Costa con varios arrastres. O Castriz, con algo máis de colchón, mira de esguello unha zona vermella que segue demasiado preto.

Por arriba, Arzúa e Club do Mar comparten liderado con 63 puntos, mentres Cacheiras e Calo ocupan postos de promoción. Por abaixo, cada erro págase caro e cada xornada é unha final. E para os costeiros, o tempo esgótase.

.

CLASIFICACIÓN

1º CSD Arzúa : 63
Club do Mar : 63
SD Cacheiras : 59
4º SR Calo : 59
5º Bertamiráns FC : 56
CF Muxía : 52 
7º Vizoño SD : 51
8º Praíña Sporting Club : 49
9º Racing San Lorenzo : 45
10º SD Tordoia : 44
11º CCD Queixas : 43
12º Cire de Melide : 41
13º Boimorto CF : 38
14º SD Castriz : 34
15º Bastavales UD : 30
16º Camariñas FC : 30
17º SD Fisterra : 27
18º SCDR Esteirana : 17

PRIMEIRA FUTGAL G2

33ª Xornada

Domingo 010/05/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

Racing San Lorenzo – CF Muxía

Bertamiráns FC – SD Fisterra

Bastavales UD  Camariñas FC

Cire de Melide  SCDR Esteirana, ás 17:00

SD Castriz  Praiña SC, ás 17:00

(Os horarios non son firmes)

Clasificación e resto de resultados : PREME AQUÍ

.

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos : Marina Busto