PRIMEIRA FUTGAL G2
30ª Xornada
Domingo 19/04/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
CF Muxía 3-2 Bastavales UD
SD Fisterra 2-3 CF Cire de Melide
Camariñas FC 2-2 SD Castriz
SCDR Esteirana 2-7 Club do Mar
As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.
.
CRÓNICA XERAL
A 30ª xornada da Primeira Futgal G2 deixou sensacións moi distintas para os equipos da Costa, nunha fin de semana marcada pola remontada do CF Muxía, o empate no derbi entre Camariñas e Castriz, e as derrotas de SD Fisterra e SCDR Esteirana, que continúan afundidos na zona baixa, tendo para semana enfrontamentos antre os 4 de abaixo e o Camariñas que visitará o lider Arzúa.
O gran beneficiado foi o Muxía, que sumou tres puntos de moito valor ante o Bastavales e iguala na clasificación cos postos altos, quedando a só tres puntos do liderado e metido de cheo na pelexa. Ademais, esta vitoria fixo bo o empate no derbi costeiro entre Camariñas e Castriz, que se repartiron os puntos nun choque moi igualado.
Pola contra, o Fisterra segue sen levantar cabeza. A pesar de competir, caeu ante o Cire de Melide nun encontro condicionado polas expulsións, o que o mantén en postos de descenso. Situación similar vive o Esteirana, claramente superado polo Club do Mar, que continúa na loita polo ascenso tras unha goleada contundente.
Na zona alta, o CSD Arzúa mantense como líder con 59 puntos, seguido de preto polo Club do Mar (57), mentres que o CF Muxía é sexto con 51 puntos, empatado co Vizoño SD. Por abaixo, Fisterra e Esteirana seguen en postos de descenso, e a loita por evitar que haxa máis de dous equipos da Costa implicados na caída segue moi aberta a falta de catro xornadas.
CRÓNICAS
CF Muxía 3-2 Bastavales UD
Remontada de fe do Muxía, que lle deu a volta a un 0-2 adverso nun partido que se lle puxera moi costa arriba. O conxunto muxián, que xogaba “á hora da misa”, escoitou dobrar as campás de Bastavales, pero reaccionou con carácter para levar tres puntos vitais.
O Bastavales golpeou primeiro e por partida dobre na primeira metade, deixando moi tocado ao Muxía. Porén, no segundo tempo chegou a reacción local, liderada por un inspirado Manu Nogueira, que foi clave no desenlace.
Sergio “Pataca”, (adestrador do CF Muxía) :
“Partido no que saímos sen o compromiso e a actitude que se merecen se queres sumar nesta categoría. Primeira parte tirada, na cal o Bastavales se pon cun 0-2 en dous balóns parados. Tras o toque de atención no descanso, o equipo saíu mellor e conseguimos unha remontada que puido ser maior se chegamos a estar máis acertados nos últimos metros. Seguir currando para poñerlle presión aos de arriba.”
Goles: 0-1, Pablo, (12´); 0-2, Miguel Castro, (30´); 1-2, Isma Pose, (70´); 2-2, Manu Nogueira, (74´); 3-2, Manu Nogueira, (76´).
SD Fisterra 2-3 CF Cire de Melide
O Fisterra volveu caer nun encontro marcado polas expulsións, que condicionaron claramente o desenvolvemento do partido. A pesar diso, o equipo costeiro loitou ata o final e estivo preto de rascar algo positivo.
O Cire de Melide adiantouse cedo, pero Adrián “Makaay” respondeu de inmediato. Porén, os visitantes volveron golpear antes do descanso e ampliaron vantaxe na segunda metade. As expulsións de Maikel Mouxo e Fabián Yepes deixaron ao Fisterra nunha situación moi complicada. Aínda así, os locais recortaron distancias no tramo final e puxeron emoción ata o último intre.
Goles: 0-1, Asier, (13´, penalti); 1-1, Adrián “Makaay”, (17´); 1-2, David Pereiro, (28´); 1-3, Jesús Pampín, (64´); 2-3, Adrián “Makaay”, (84´).
Incidencias: O colexiado Carlos Día expulsou con dobre cartón amarelo a Maikel Mouxo (49´ e 63´) e con vermello directo a Fabián Yepes (7´).
Camariñas FC 2-2 SD Castriz
Reparto de puntos no derbi costeiro entre Camariñas e Castriz, nun encontro moi disputado que non se decidiu ata o tempo engadido.
Tras unha primeira metade sen goles, o Castriz adiantouse nada máis comezar a segunda parte. O Camariñas reaccionou e logrou remontar grazas a un penalti transformado por Javi Antelo e a un tanto de Mario Suárez. Cando os locais xa saboreaban a vitoria, apareceu Marcos Mouro no desconto para establecer o empate definitivo e mantelos xuntiños na táboa co abismo un puntiño máis lonxe.
Goles: 0-1, José Gesto, (48´); 1-1, Javi Antelo, (53´, penalti); 2-1, Mario Suárez, (76´); 2-2, Marcos Mouro, (93´).
SCDR Esteirana 2-7 Club do Mar
Dura derrota da Esteirana ante un Club do Mar moi superior, que demostrou o seu potencial ofensivo cunha goleada contundente.
O partido quedou practicamente sentenciado nos primeiros minutos, cun inicio fulgurante dos visitantes. A Esteirana tentou reaccionar na segunda metade, pero cada vez que recortaba distancias, o Club do Mar respondía con novos goles, ampliando a vantaxe sen dar opción.
Goles: 0-1, Diego, (6´); 0-2, Tiago, (7´); 0-3, Mario Vila, (20´); 0-4, Mario Vila, (32´); 1-4, Anxo, (48´); 2-4, Kevin Rial, (60´); 2-5, Mario Vila, (64´); 2-6, Kevin Rial, (87´, en propia); 2-7, Jacobo, (89´).
.
Clasificación
1º CSD Arzúa : 59
2º Club do Mar : 57
3º SR Calo : 54
4º SD Cacheiras : 55
5º Vizoño SD : 51
6º CF Muxía : 51
7º Bertamiráns FC : 50
8º Praíña Sporting Club : 46
9º Racing San Lorenzo : 45
10º CCD Queixas : 40
11º SD Tordoia : 38
12º Cire de Melide : 37
13º Boimorto CF : 34
14º SD Castriz : 31
15º Camariñas FC : 29
16º Bastavales UD : 27
17º SD Fisterra : 27
18º SCDR Esteirana : 17
.
PRIMEIRA FUTGAL G2
31ª Xornada
Domingo 26/04/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Cacheiras – CF Muxía
Bastavales UD – SD Fisterra
CSD Arzúa – Camariñas FC, ás 17:00
SD Castriz – SCDR Esteirana, ás 17:00
Clasificación : PREME AQUÍ
.
-Fotos : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
