PRIMEIRA FUTGAL G2, (29ª Xda) : “Mal día para os equipos da costa, agás o Castriz”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

29ª Xornada

Domingo 12/04/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

CSD Arzúa 7-0 SD Fisterra

SD Castriz 4-2 Boimorto CF

Vizoño SD 4-0 SCDR Esteirana

Club do Mar 5-3 Camariñas FC

CF Cire de Melide 1-1 CF Muxía

.

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

.

CRÓNICA XERAL

Xornada moi dura para os equipos da costa na Primeira Futgal G2, marcada por unha de cal e varias de area. O único gran sorriso chegou da man dun Castriz que colle aire na loita pola permanencia, mentres que o resto deixou sensacións preocupantes, con matices no Fisterra e na Esteirana o primeiro ven de dar sensacións de algo e o seguno sigue, creo que pensando xa na vindeira tempada.

O CSD Arzúa confirmou o seu liderado cun contundente correctivo ao Fisterra, nun partido no que os costeiros pouco puideron facer, lastrados ademais polas baixas. Tampouco levantou cabeza a Esteirana, que continúa sen reacción e xa semella como decimos pensando no futuro.

Nesta zona baixa, a vitoria do Castriz mete máis presión aos seus rivais directos, especialmente a un Camariñas que protagonizou un partido tolo pero que acabou cedendo e complicando a súa situación. Pola súa banda, o Muxía sumou un punto insuficiente en Melide e comeza a despedirse da loita pola promoción, acusando o desgaste copeiro tal e como recoñeceu o seu técnico.

A falta de cinco xornadas, o panorama para os equipos da costa é claro: o Muxía queda agora mesmo descolgado da zona alta, pero con moito que dicir, mentres que por abaixo a loita pola permanencia está máis aberta ca nunca, co duro e cruel que ten pinta de ser cos equipos da costa loitando antre eles.


CRÓNICAS

CSD Arzúa 7-0 SD Fisterra

Derrota moi dura para un Fisterra que viña de amosar sinais de vida a pasada semana, pero que se atopou cun líder intratable. Ademais, os fisterráns chegaron moi xustos, con só 13 xogadores, algo que acabaron pagando. Pouco que engadir nun partido no que o Arzúa foi moi superior de principio a fin. Agora toca pasar páxina e recuperar efectivos.

Goles : 1-0, Iván (p), (5´); 2-0, Eloy Díaz, (8´); 3-0, Julián, (28´); 4-0, Maikel Mouzo (pp), (30´); 5-0, Julián, (40´); 6-0, Gavieiro, (77´); 7-0, Pedreira, (82´).


SD Castriz 4-2 Boimorto CF

Vitoria balsámica do Castriz, que lle permite seguir vivo nunha zona baixa moi axustada e, ademais, superar ao Camariñas. Os de San Pedro de Castriz souberon reaccionar tras verse por detrás no marcador e demostraron carácter nun momento clave da tempada.

Goles : 1-0, Juanjo, (43´); 1-1, Manu Casal, (46´); 1-2, Alexandre, (48´); 2-2, Juanjo, (57´); 3-2, Alberto (pp), (66´); 4-2, José Luís, (89´).


Vizoño SD 4-0 SCDR Esteirana

A Esteirana segue sen dar sinais de recuperación e encaixou unha nova goleada nun partido que xa se puxo costa arriba moi cedo. Outro golpe duro para os das Salinas, que continúan pechando a clasificación e con moi malas sensacións.

Goles : 1-0, Unai, (5´); 2-0, Alejandro, (24´); 3-0, Manuel Louro, (41´); 4-0, Diatta, (90´).


Club do Mar 5-3 Camariñas FC

Partido tolo e cheo de alternativas no que o Camariñas competiu, pero acabou caendo nun encontro marcado tamén polas incidencias finais. Moita loita e capacidade ofensiva, pero o bo intre dos de Caión acabou levando o choque do seu lado.

Goles : 1-0, Alberto Díaz, (1´); 1-1, Mario Suárez, (16´); 2-1, Tiago, (31´); 2-2, Mario Suárez, (36´); 3-2, Martín, (38´); 3-3, Mario Suárez, (45+3´); 4-3, Alberto Díaz, (56´); 5-3, Tiago (p), (79´).

Incidencias: Foron expulsados no Camariñas o delegado José Manuel Bouzas (88´) e o xogador Roi Carril (85´), cando xa estaba fóra do terreo de xogo tras ser substituído dez minutos antes.


CF Cire de Melide 1-1 CF Muxía

Empate que sabe a pouco para un Muxía que ve como se lle escapa o tren da promoción, nun partido moi trabado e condicionado polas interrupcións.

Goles : 0-1, Fran Moreira, (15´); 1-1, David Pereiro, (37´).

Incidencias: Foi expulsado con dobre cartón o adestrador local, José Luis Martínez (40´ e 43´).

Sergio “Pataca” (adestrador do CF Muxía):
“Partido moi trabado, no que a resaca da copa costounos 2 puntos. Saímos ben, nun partido igualado pero no cal chegabamos con facilidade á área rival, e así nun centro lateral de Costa, Fran marca de cabeza o seu 19º gol en Liga. O partido seguiu na mesma liña, pero nun balón en longo ás costas marcan de volea un bo gol. Antes do descanso temos unha clara na que Fran falla a portería baleira.

A segunda transcorre con numerosas interrupcións, conseguimos 3 boas ocasións pero non estivemos acertados. Dicir tamén que o Melide tivo dúas chegadas con perigo e un tiro ao pao dende o medio campo que sorprendeu a Iván.”


Clasificación

1º CSD Arzúa : 56
2º SR Calo : 56
3º Club do Mar : 54
4º SD Cacheiras : 52
5º Vizoño SD : 48
CF Muxía : 48 
7º Bertamiráns FC : 47
8º Racing San Lorenzo : 45
9º Praíña Sporting Club : 43
10º CCD Queixas : 40
11º SD Tordoia : 38
12º Cire de Melide : 34
13º Boimorto CF : 34
14º SD Castriz : 30
15º Camariñas FC : 28
16º Bastavales UD : 27
17º SD Fisterra : 27
18º SCDR Esteirana : 17

.

PRIMEIRA FUTGAL G2

30ª Xornada

Domingo 19/04/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

CF Muxía – Bastavales UD

SD Fisterra CF Cire de Melide

Camariñas FC – SD Castriz

SCDR Esteirana  Club do Mar

Clasificación : PREME AQUÍ

.

.-Foto Muxía : Dulce “Corcu”

-Texto : Xosé Búa “Pirata”