PRIMEIRA FUTGAL G2, (26ª Xda) : “Derrotas do Muxía, Castriz e Esteirana, empate do Camariñas e vitoria do Fisterra”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

26ª Xornada

Domingo 15/03/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

SCDR Esteirana 0-3 SD Tordoia

SD Fisterra 2-1 Vizoño SD

SR Calo 6-2 SD Castriz

CF Muxía 0-1 Club do Mar

Camariñas FC 1-1 CCD Queixas

Clasificación : PREME AQUÍ

.
Copa da Costa este 19 de marzal
O vindeiro día 19 de marzal, “Día do pai”, xogaranse os Cuartos de Final da 61ª Copa da Costa. O final das crónicas tes os enfrontamentos e duarnte a semana xa iremos dando toda a información destes encontros.

 

 

As crónicas están abertas para ir incorporando os comentarios que nos cheguen dos adestradores, xa que nós non pedimos a ninguén, o que queira pode mandalos e coma sempre son postos ao completo e baixo a sua responsabilidade.

CRÓNICA XERAL

Balance desigual para os equipos da Costa nunha xornada que aperta a clasificación

A 26ª xornada da Primeira Futgal G2 deixou sensacións moi distintas para os conxuntos da Costa da Morte, nun momento clave da tempada cando restan apenas oito xornadas para o final. Co ascenso directo reservado ao campión, promoción para o segundo e terceiro clasificado e tres descensos directos, cada punto comeza a ter un valor decisivo.

O gran sorriso da fin de semana chegou desde Ara Solis, onde o Fisterra logrou un triunfo de enorme importancia que lle permite seguir crendo na permanencia. Pola contra, a derrota da Esteirana e do Castriz complica a súa situación na zona baixa, mentres que o Muxía caeu pola mínima nun encontro moi competitivo ante un dos equipos fortes da categoría.

O Camariñas, pola súa banda, sumou un empate nun duelo intenso e cheo de interrupcións, mantendo unha pequena marxe sobre os postos perigosos.


Crónicas 

SCDR Esteirana 0-3 SD Tordoia

Partido complicado para a Esteirana, que se viu por detrás moi cedo tras un penalti transformado por Víctor no minuto 10. O gol condicionou o desenvolvemento dun encontro no que o Tordoia mostrou maior eficacia, ampliando vantaxe no desconto da primeira metade por medio de Abel. Xa no segundo tempo, Víctor sentenciaba definitivamente no minuto 69, deixando sen opcións aos locais.

Goles:
0-1, Víctor (10’, de penalti)
0-2, Abel (45’+2)
0-3, Víctor (69’)


SD Fisterra 2-1 Vizoño SD

Triunfo de moito mérito do Fisterra nun choque moi trabado e cargado de cartóns. O Vizoño adiantouse desde os once metros, pero a reacción local foi inmediata coa igualada de Ezequiel apenas dous minutos despois. Nada máis comezar a segunda metade, Adrián “Makaay” culminaba a remontada cun tanto que acabaría sendo definitivo nun encontro de máxima intensidade.

O duelo deixou numerosas amonestacións, con sete cartóns amarelos para o Fisterra e 6 para o rival, un deles vermello ca expulsión do preparador físico visitante.

Goles:
0-1, Diatta (34’, de penalti)
1-1, Ezequiel (36’)
2-1, Adrián “Makaay” (46’)


SR Calo 6-2 SD Castriz

O Castriz pouco puido facer ante o potencial ofensivo do Calo, que resolveu practicamente o partido nunha primeira metade moi contundente, chegando ao descanso cun claro 4-0 grazas aos goles de Jonathan (2), Alejandro e Miguel.

Na segunda metade ampliaron diferenzas os locais por medio de Rosendo, antes de que José Luis recurtase distancias cun dobrete para os castricistas. Xa no minuto 90, Rosendo pechaba o marcador definitivo.

Goles:
1-0, Jonathan
2-0, Jonathan
3-0, Alejandro
4-0, Miguel
5-0, Rosendo
5-1, José Luis (61’)
5-2, José Luis (77’)
6-2, Rosendo (90’)


CF Muxía 0-1 Club do Mar

Partido moi competido na Arliña, decidido por pequenos detalles nun duelo de alto ritmo e intensidade. O Muxía ofreceu unha boa imaxe ante un dos equipos máis fortes da categoría, pero acabou cedendo pola mínima tras un tanto visitante no tramo final.

Goles:
0-1, Mario Vila (80’)

Sergio “Pataca” (adestrador do CF Muxía):
“Tremendo partido o vivido nun día espectacular na Arliña, igualado, cun nivel de fútbol e intensidade de gran nivel. Empezamos moi metidos no partido, sendo mellores co rival durante a maior parte da primeira parte, temos bastantes chegadas pero só conseguimos xerar perigo en dúas ocasións; o rival tamén conseguiu ter unha clara pero Iván non tivo que intervir.

Na segunda, todo moito máis igualado, temos unha clarísima de Rober que se vai fóra con todo a pracer, e pouco despois unha boa xogada combinativa do Club do Mar púxoos por diante no marcador. Intentámolo con todo pero non puido ser. Moi contento polo ofrecido polo equipo ante un dos mellores da categoría”.

A segunda metade estivo marcada polos continuos paróns, con catro cartóns para cada equipo dos dez mostrados no encontro.


Camariñas FC 1-1 CCD Queixas

Empate nun partido moi físico e con numerosas faltas. O Queixas adiantouse desde o punto de penalti na primeira metade, mentres que o Camariñas igualou tamén desde os once metros tras o descanso. O encontro estivo marcado polas expulsións visitantes, que acabaron condicionando o tramo final. O Camariñas viu dous cartóns amarelos polos oito do rival, que rematou con dous xogadores expulsados por dobre amarela.

Goles:
0-1, Gonzalo (30’, de penalti)
1-1, Javi Antelo (61’, de penalti)


Clasificación

1º CSD Arzúa : 50
2º SR Calo : 50
3º SD Cacheiras : 48
4º Club do Mar : 47
5º Bertamiráns FC : 43
Muxía CF : 42
7º Vizoño SD : 39
8º Racing San Lorenzo : 39
9º Praíña Sporting Club : 36
10º CCD Queixas : 35
11º SD Tordoia : 35
12º CF Cire de Melide : 33
13º Boimorto CF : 33
14º Camariñas FC : 28
15º SD Castriz : 26
16º Bastavales UD : 24
17º SD Fisterra : 22
18º SCDR Esteirana : 17

.

PRIMEIRA FUTGAL G2

27ª Xornada

Domingo 22/03/2026

Os partidos dos equipos da Costa:

Club do Mar  SD Fisterra

Praiña SC – Camariñas FC

SD Castriz  CF Muxía, ás 17:00

CCD Queixas  SCDR Esteirana, ás 17:00

Clasificación : PREME AQUÍ

.

.

-Fotos : Marina Busto

-Texto e montaxe : Xosé Búa “Pirata”