PRIMEIRA FUTGAL G2
22ª Xornada
Manuel fixo o gol da remontada.
CF Muxía 4-1 SCDR Esteirana
O CF Muxía adiantou o seu encontro de liga o ter que xogar o vindeiro martes o encontro de Copa da Costa no que recibirá ao Camariñas na Arliña e fíxoo como ven sendo habitual para os da Vila da Barca, gañando, e xa son 11 vitorias nos derradeiros 13 encontros, o que fai que os de Sergio “Pataca” sexan os líderes da competición a espera do que fagan Bertamiráns e Calo.
Sergio “Pataca”, (adesrador do CF Muxía) : “Partido no que saímos con moi pouco ritmo de balón. Non eramos valentes para intentar buscar por dentro a superioridade e facer dano por fóra; aínda así conseguiamos facer dano polas bandas. Ninha boa xogada, Manu filtra un bo balón e adiantámonos 1-0 co gol de Fran, pero no saque de centro un balón directo do Esteirana e unha mala acción defensiva poñen o 1-1.
Tralo descanso espabilamos e aquí xa non lle demos opcións ao rival, xerando multitude de xogadas para acabar gañando por 4-1 un partido no que só concedemos a acción do gol.Sexta vitoria seguida e 11 vitorias nos últimos 13 partidos.”
Fran Moreira fixo un Hat-trick e lidera a táboa de goleadores con 16.
Goles : 1-0, Fran Moreira, (18´); 1-1, Pablo, (19´); 2-1, Manuel, (47´); 3-1, Fran Moreira, (57´); 4-1, Fran Moreira, (74´).
CF Muxía : Iván Bouzón, Mateo, Michael, Álex, Fran Moreira, Víctor Alcaina, Manu Nogueira, Carlos Costa, Brais, Mauro Romaní, e Manuel. Tamén xogaron : Adrián Alcaina, Antón, Javi Vilela, Carlos Antelo e Julián.
SCDR Esteirana : Alejandro, Kevin, Pablo, Manuel, Damián, Adrián, Ánxo, Brais, Antón, Oliver e Aitor. Tamén xogaron : Samuel, Pablo Rama, Raúl e José Antonio.
Árbitro : Gonzalo Belmonte, acompañado nas bandas por Asier Santamaría e Rafael Golas. Amonesou polo Muxía a Álex, (80´), e pola Esteirana a Ánxo, (44´), Damián, (55´), Oliver, (81´), José Antonio, (82´) e Aitor, (86´).
PRIMEIRA FUTGAL G2
22ª Xornada
Domingo 15/02/2026
Os partidos dos equipos da Costa:
SD Fisterra – Camariñas FC, ás 17:00
Bastavales UD – SD Castriz, ás 17:00
CF Muxía 4-1 SCDR Esteirana
.
-Fotos : Marina Busto
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentario : Íntegro do adestrador e baixo a sua responsabilidade.
